Deica pouco chega o Nadal e nesta época esmerámonos en poñer adornos e luces por toda a casa. Unha boa práctica sería poder controlar dalgunha maneira as luces da árbore de Nadal con Arduino.
O sistema actual no que vivimos incentiva un consumo acelerado en practicamente calquera ámbito das nosas vidas. Xa sexa na alimentación, a roupa, xoguetes, os nosos dispositivos electrónicos ou ata nos nosos mobles, a compra, o uso e o refugallo de produtos son procesos vertixinosos.
O «Faino ti mesmo», é unha das mellores formas de aforrar diñeiro e de poñer a traballar as túas capacidades innatas e os teus recursos. Coa realización deste taller estarás en condicións de profundar no mundo da programación, o que che permitirá estender os teus coñecementos a outro tipo de circuítos e montaxes de electrónica.
A Asociación Informática Amigus proporcionará todo o material para realizar o obradoiro.
A idade recomendada e nenas/os de entre 7 e 12 anos.
O curso é gratuíto, as inscricións formalizaranse por orde de rexistro en amiguslabs.org.