Amigus
As Pontes

O CIM da nosa localidade celebrará o luns unha charla sobre os Bancos de Tempo

[RTVeume] Se vostedes dispoñen de tempo e están dispostos a realizar calquera actividade que poda servir de axuda a outros, ou están en situación de demandar calquera outro tipo de actividade que non podan realizar por si mesmos, interésalles a iniciativa dos Bancos de tempo.Para concretar cun exemplo, se sabes coser e podes ofrecer os servizos dun xeito gratuito durante una hora, pode haber un mecánico que che arranxe unha pequena avaría tamén de xeito gratuito.


Esta é a filosofía básica dos bancos de tempo, que o luns se presentan na nosa vila, cunha charla en Casa Dopeso, e na que usuarios actuais exporán as súas propias experiencias.
O obxectivo da xornada do luns é tan só o de dar a coñecer entre os veciños en que consisten os bancos de tempo, cales son a cotío as ofertas e demandas hai e que o podan coñecer dende un colectivo que xa desenvolve esta inciativa, de xeito que poderán compartir as experiencias dos propios usuarios e participantes sobre o seu desenvolvemento e viabilidade.
Os Bancos do tempo son unha rede de colaboura entre particulares, consistente no intercambio de servizos e/ou actividades entre os seus participantes que permitan así resolver problemas ou atender necesidades da vida cotiá dun xeito cooperativo, solidario, participativo e autoorganizado.
A unidade de troco nos bancos de tempo non é monetaria, senón o propio tempo que as persoas demandan e ofertan para a realización de determinadas tarefas. Un particular oferta (ou demanda) un determinado servizo á comunidade e a cambio percebe (ou presta) outro (ou o mesmo) servizo cunha duración temporal equivalente.
Todas as actividades que se intercambien teñen o mesmo valor, dependendo tan só do tempo que se tarde en facelas. Deste xeito, funcionan igual que a “banca convencional” pero cunha importante diferenza: coma o seu nome indica, o tempo é o capital, e a hora de unidade de valor; tódolos servizos teñen o mesmo valor, que é o tempo que se inviste en prestar o servizo.
O caso é que en épocas de crise, o enxeño se agudíza e a solidariedade xeralízase, polo que os bancos de tempo chegan á nosa localidade nun intre no que están en auxe, e hoxendía, ademais dos intercambios entre asociados, están xa a cordenar experiencias comúns.
A inciativa parte do CIM da nosa localidade.e celebrarase o luns ás sete da tarde no segundo andar da Casa Dopeso.

También podría gustarte
Comentarios