Amigus
As Pontes

Entrevista a Adrián López Rodríguez, por Xose Ferreiro

Adrián López Rodríguez naceu en As Pontes o 25 de Febreiro de 1987, e a paixón polo fútbol veulle desde pequeno, o seu pai, Quique López, orixinario da maravillosa cidade lucense, como a súa familia, foi un grandísimo central que chegou a xogar en Segunda División B no As Pontes e no Lugo, e o seu curmán Moncho, un ano maior que él, xogou as dúas últimas tempadas no As Pontes, e tamén no Lugo e no Lanzarote. Iniciado dende ben pequeno nas categorías inferiores do por aquela CD Endesa As Pontes, Adrián gañou 2 Ligas e 3 Copas de Ferrol co equipo azul. Ós 14 anos marchou para o Deportivo da Coruña, equipo no que estivo durante nove temporadas, nas tres últimas xogando no equipo de Primeira División, co que competiu en Liga, Copa do Rei e Copa da Uefa, gañando ademáis a Copa Intertoto. Entremedias, salientar o seu paso por todas as categorías inferiores da selección galega, dous partidos internacionais coa selección galega absoluta, amén das brillantes e meritorias convocatorias á selección española sub15 en 2002, e sub21 en 2007. Actualmente está na Premier League Inglesa, no Wigan Athletic, equipo no que leva dúas temporadas, e esta será a terceira. Quedalle moito fútbol por diante, xa que aínda ten so 25 anos, pero Adrián é sen dúbida, e por dereito propio, un dos grandes futbolistas que deu As Pontes de García Rodríguez. Temos lido con admiración moitas entrevistas sobre él, en medios galegos, estatais, internacionais … pero hoxe seremos nos, desde a nosa modestia, os que queremos obsequiar ós nosos lectores, a piques de comezar as festas de As Pontes, con un persoeiro de moitos quilates, ó que lle agradecemos de antemán a súa amabilidade por concedernos estos minutos.
adrian_01.jpg


-Ola Adrián, a pesar de que te coñezo ben (risas), é toda unha honra para min facerche esta entrevista, e todas estas preguntas que van a continuación, que por certo, son “poucas” (risas).
Ola, moitas gracias Xose, adiante.
-¿Como te iniciaches no fútbol?, e, xa formando parte do Endesa de As Pontes, ¿recordas o teu primeiro partido oficial?
Os meus comezos foron xogando ó fútbol sala no colexio de Endesa, e xa sobre os 8 anos comecei co futbol once ás ordes de Vilaboy. O meu primeiro partido foi contra o Perlío e entrei de suplente con Borja Pena, que na actualidade é un dos meus mellores amigos.
-No As Pontes xogaches tres anos no equipo alevín e dous no infantil, conseguindo, sendo alevín, dous subcampionatos de liga, nun empatado a puntos co Narón, gañando dúas Copas de Ferrol, ó Narón BP (2-1 na final de 1998) e ó Eume Deportivo (2-0 na final de 1999), perdendo anteriormente a de 1997 co Narón, o resultado mellor non o imos a recordar (risas), e xa de infantil gañades dúas Ligas de Ferrol, en unha cedendo tan so un empate ante o Galicia de Mugardos, e sendo infantil de segundo ano gañades tamén a Copa de Ferrol na final contra o Perlío, 3-1, conseguindo o doblete. Dime, neses anos, un partido, un gol, un título e un momento único.
Pois é difícil quedarse con algo, pois como ti dis, gañamos moitas cousas e foron moitos bos momentos, pero o que si que che recordo deses anos é que había moita competencia co Narón Balonpé e co Eume Deportivo, e que sempre nos xogabamos os títulos contra eles.
-Dúas grandes canteiras, si señor. Xogaches con varias xeneracións e moitos grandes futbolistas ponteses, a bote pronto, Iago Castro, David Alonso, Diego Dopico, Alberto Aguado, Javi Rochela, Jordi Rivas, Adrián Criado, Dani Fernández, Óscar Ferreiro, Hugo Filgueiras, Antonio Ramos, Víctor Iglesias, Troncho, Rebolo … e moitos outros ¿sigues mantendo trato con moitos deles? ¿algún que che gustara moito como xogaba cando erades pequenos?
Pois si, alguns dos que me comentas seguen sendo amigos, como Jordi, Iago Castro e Javi Rochela, e a verdade é que esa xeneración de futbolistas foi moi boa, anque creo que sería inxusto que che destacara a algún deles, pois todos eran, e algún sigue sendo, futbolistas excepcionais.
– E dos teus adestradores nestes primeiros anos ¿que recordas? ¿que vos inculcaban?
Na miña carreira no Endesa tiven como adestradores a Vilaboy, Rebolo, Criado, Roca e Vili. A todos os recordo con un gran respeto e cariño, creo que é moi de valorar o que fan todos os adestradores das categorías de base, porque en vez de estar nos seus ratos libres coa famila ou descansando, dedican ese tempo a adestrar e educar a uns rapaces. O adestrador que máis me marcou foi Manolo Vilaboy, creo que é un dos mellores adestradores que tiven e por iso quero facerlle un recoñecemento público, aínda hoxe me acordo moitas veces de él, e creo que é unha pena que non siga adestrando porque inculcaba dunha maneira única os valores de solidariedade e traballo. Gracias a él xogo de central e aínda me recordo como si fora agora mesmo das súas palabras no primeiro día de adestramento, “ti de central como teu pai”. Eu non quería xogar de central, quería xogar de dianteiro coma calquer rapaz de esa idade, e acordome que me fora moi triste para casa e dixeralle ós meus pais que eu non quería xogar de central, e eles dixeranme que tiña que xogar onde o adestrador me mandase. Tamén facer mención especial a Vili, que baixo as súas ordes firmei polo Deportivo, polo que gran parte da culpa de que isto pasara tena él.
adrian_01.jpg
adrian_01.jpg
-Eu tamén me sumo a esa homenaxe, ¿sigues ó As Pontes e ós equipos do As Pontes desde a distancia?
Si, como pontés gustame seguir ó As Pontes, ademáis estas dúas últimas temporadas tiña o meu curmán Moncho, o lateral dereito do primeiro equipo, xogando, polo que tiña información de primeira man.
adrian_01.jpg
-Por certo, a bote pronto, creo recordar que ti xogaches co As Pontes un torneo internacional alevín en Pontedeume en 1999 onde facendo historia lle gañachedes 3-0 a todo un Celta de Vigo, e perdichedes contra o Athletic de Bilbao ou o Real Madrid en semifinais creo.
Si, acordaste ben, foi contra o Real Madrid e do resultado non me acordo, ou non me quero acordar, fora bastante abultado ó seu favor.
adrian_01.jpg
adrian_01.jpg
adrian_01.jpg
adrian_01.jpg
adrian_01.jpg
adrian_01.jpg
adrian_01.jpg
adrian_01.jpg
– (Risas) Contanos, ¿cal foi o teu papel máis destacado coa selección de Ferrol, a de A Coruña, cando xa estabas no Deportivo, e na selección galega?
Recordo os meus partidos coa selección de Ferrol, facíanme moita ilusión e sempre tiven a sorte de poder ir convocado, coa de A Coruña xogara algún partido pero daquela xa ía á selección galega e tivera que prescindir dela polos estudios. Da selección galega recordo que non conseguimos ningún título, pero tiñamos un equipo espectacular, coincidira con Iago Aspas, Alex López, Túñez, Dani Ábalo, Jonathan Vila (Celta de Vigo), Dani (Granada), e Jonathan Pereira, o vigués do Betis, creo que é unha das mellores xeneracións de futbolistas galegos que saiu, unha magoa non poder conseguir nada para Galicia. Por certo, en algún partido da selección galega coincidín con Javier Rochela como parella de central.
-Si, recordoo ben, As Pontes Calidade, cinco anos no equipo pontés, e de ahí das o salto ó Deportivo sendo cadete de primeiro ano, con catorce anos, ¿como te acostumaches a vivir en A Coruña sendo apenas un neno e estando ti so?
Sempre tiven a axuda dos meus pais, para calquer cousa eles estaban ahí, e logo sempre fun bastante independente polo que non me foi difícil acostumarme a vivir so.
– Creo que gañaches unha liga cadete, duas xuvenís, a liga de Terceira División, ademáis do ascenso a 2ªB co filial deportivista, que por certo, un ano no filial e ascendes, e o segundo ano antes de deixalo para xogar co primeiro equipo erades líderes e os menos goleados, ¿algo terías que ver non? (risas). ¿como foron os teus anos na canteira do Depor? ¿qué títulos consideras os máis destacados?, e ¿como celebraches no Fabril ese ascenso? ¿que recordas?
A miña carreira no filial do Deportivo foi unha época pragada de ascensos, coma toda a miña carreira coincidín cunha xeneración moi boa permitiunos ascender ó Cadete á División de Honra e ó filial a Segunda B. O momento máis destacado foi ese ascenso a 2ªB, e debido a iso foi máis fácil que o Deportivo tirara de canteira para o primeiro equipo.
adrian_01.jpg
-Debutaches co primeiro equipo do Deportivo na Copa contra o Mallorca de suplente, xogando uns minutos, pero o teu primeiro gran partido oficial foi a finais de Setembro de 2007 contra o Espanyol, ¿que sentiches en ese debut?, ¿onde tes esa camisola?, e ¿que vivencias recordas dese fin de semana único?
Pois foi un debut que non me esperaba, debido a que xoguei ese partido sen nin sequera adestrar ningún día co primeiro equipo, e de repente atopeime cubrindo a Raúl Tamudo en Montjuic, que habería sobre 20.000 aficionados, polo que foron uns momentos de moitos nervios. Compartía habitación con Coloccini e a camisola gardoa na miña habitación, igual ca do debut co Wigan e coa selección española sub 21.
-Xogaches tres anos no primeiro equipo do Deportivo, nos que fuchedes 9º, 7º e 10º clasificados na Liga, tamén xogaches Copa do Rei, Uefa e Intertoto, ¿que valoración fas dos teus tres anos coa camisola deportivista? ¿como valoras o teu rendemento nesas tempadas?
A miña valoración é positiva, no meu primeiro ano xoguei sobre 20 partidos e o segundo xoguei toda a Intertoto e a Uefa, e logo na Liga ía entrando cando había sancións e lesións, o meu terceiro ano foi o meu peor ano futbolísticamente falando, polo que decidín cambiar de aires, aceptar a oferta do Wigan Athletic e xogar na Premier League inglesa.
-Vouche dar una serie de nomes de grandes futbolistas do Deportivo, Manuel Pablo, Filipe Luis, Lopo, Coloccini, Sergio, Guardado, Rubén Castro, Adrián Lopez, o outro (risas), Valerón, Aranzubia, Ze Castro, Mista, Colotto, Omar Bravo … ¿Que supuxo para ti xogar ó lado de todos estes “monstruos”?, ¿se tiveras que elexir a algúns?
Quedaríame con Coloccini pola súa profesionalidade e traballo, foi un xogador do cal aprendín moito tanto como futbolista como persoa, debido a que foi o meu compañeiro de habitación. Logo Valerón polo seu carácter e a súa ilusión por adestrar e xogar ó futbol.
adrian_01.jpg
adrian_01.jpg
adrian_01.jpg
adrian_01.jpg
adrian_01.jpg
adrian_01.jpg
adrian_01.jpg
adrian_01.jpg
adrian_01.jpg
adrian_01.jpg
-En Primeira División xogaches en moitos grandes campos, Santiago Bernabéu, Camp Nou, San Mamés, Mestalla … ¿cal foi o que máis che impresionou?
Impresionoume moito San Mamés polo que apretaba a xente, para min é un campo moi similar ós de Inglaterra, e logo o Bernabeu polo grande e vertical que é. Cando estás no campo parece que as gradas non se acaban nunca.
-¿Con que gol te quedarías na túa carreira, co que lle marcaches ó Valencia en Riazor?
Si, o meu gol contra o Valencia foi o meu primeiro gol como profesional e ademáis serviu para dar un punto ó equipo.


-Vouche dar outra serie de nomes, Forlán, Agüero, Villa, Mata, Joaquín, Luis Fabiano, Negredo, Capel, Navas, Nilmar, Ibagaza, Senna, Messi, Bojan, Henry, Pedro, Xavi, Silva, Zigic, Canales, Ronaldinho, Etoo, Iniesta, Llorente, Etxeberría, Morientes, Savio, Saviola, Raúl, Van Nistelrooy, Higuaín, Sneijder, Guti, Robinho, Saviola, Milito, Aimar, De la Peña, Kanouté, Guiza, Munitis, Reyes, Simao, Barkero … en España, Drenthe, Cahill, Villa, Nasri, Agüero, Tévez, Balotelli … en Inglaterra, así a bote pronto, para que a xente se faga una idea dos personaxes ós que te enfrontaches e cos que tiveches que lidiar na túa curta traxectoria ata o momento, ¿cal foi o dianteiro ou xogador que máis difícil che resultou de marcar na liga española e na inglesa?
En Primeira División poucos dianteiros son fáciles, cando xogas contra o Real Madrid ou FC Barcelona xa sabes que vas a sufrir, pero os que máis me sorprenderon no campo debido a que non me esperaba que tiveran esas condicións foron Luis Fabiano, Agüero e Dani Guiza.
-¿Que recordas dos teus dous partidos coa selección galega contra Camerún (1-1) e contra Irán (3-2)?, ¿como foi o ambiente e os compañeiros?
O que máis recordo era o ambiente da xente, había unha atmósfera moi especial neses partidos, é unha magoa que xa non se sigan xogando.
adrian_01.jpg
-Por certo, deronche dous Balons de Ouro do Marca como defensa central máis prometedor da Liga 2007-2008, un outorgado polo xurado e o outro polas votacións do público (risas), ¿que supuxeron para ti? ¿onde os tes gardados?
Non mo esperaba, estar no mellor once sub21 da Liga con xente como Piqué, Bojan, Granero, Javi Martínez … para min supuxo un recoñecemento ó meu traballo, xa que non e fácil saír da casa en busca de un soño cando tes so catorce anos. Teñoos gardados na miña habitación en As Pontes.
adrian_01.jpg
-¿Que supuxo para ti xogar ó lado de David Rochela? ¿exercías de “irmán maior” para él? ¿que futuro lle ves?
Non chegei a xogar moito con él, porque cando él debutou eu estaba lesionado. Creo que ten un futuro enorme e que se lle dan a oportunidade vai a ser o central titular do Deportivo durante moitos anos.
-Pois semella que para esta tempada, ou queda no Deportivo, ou pode xogar cedido no Lugo, Ponferradina ou Xerez. Xa levas dous anos no Wigan, o teu equipo ten moito mérito de salvarse dúas tempadas seguidas escapando da última posición nos últimos momentos, incluso este ano derrotando para elo a grandes equipos, ¿como valoras os dous anos do teu equipo na Premier League inglesa?
Si, estaba acostumado toda miña carreira a loitar por ascensos, títulos, Uefa … e estas dúas últimas temporadas co Wigan vinme nunha situación que nunca vivira coma a de chegar a última xornada pelexando pola salvación, son momentos de moita presión e tensión, pero que te axudan a madurar futbolísticamente. A valoración é positiva debido a que sempre se conseguiu o obxectivo da salvación, creo que hai un equipo xove e con calidade que ten moito marxe de mellora, e que nun par de anos con algo de sorte pode loitar por obxetivos maiores.
-¿Que tal te adaptas a Inglaterra?, xogar partidos oficiais durante o Nadal, comida, xente, horarios, os seus férreos costumes, conducir pola esquerda, o café ás cinco (risas) …
O que peor levo é o da comida, Galicia é unha terra como poucas para comer, polo que boto moito de menos a comida galega. O tema dos horarios e o da conducción acabaste acostumando co tempo.
-Contanos a grandes rasgos como é a localidade de Wigan e os seus maiores atractivos
Wigan ten sobre uns 90000 habitantes e foi unha cidade mineira moi importante, na actualidade vive da industria dos seus redores e destaca pola súa boa comunicación debido a que en 30 minutos podes estar en Manchester, Liverpool e Bolton. É unha cidade con varios canais, que na actualidade podes navegar por eles, e no pasado servían para traer o carbón desde Liverpool.
-Perdoa a miña indiscreción, dentro do que se poda saber ¿Como é un día da túa vida en Inglaterra?
Pois levantome sobre as 08:30, e marcho á cidade deportiva sobre as 09:00, alí almorzo, adestro e como, chego a casa sobre as 15:00, descanso un pouco, e as 16:30 teño clases de inglés, logo fago a cea e pola noite falo coa familia e cos amigos.
-¿Cómo é o estadio e a afección do Wigan?
Pois é un estadio relativamente novo, DW Stadium, que ten unha capacidade de 25.000 espectadores, e a afección é moi respetuosa, nunca houbo ningún problema con ela.
-¿Nestas duas temporadas que levas fora como viviches na distancia o descenso e o posterior ascenso do Deportivo?
A temporada do descenso, estaba concentrado no hotel, ó día seguinte xogabamonos nos a salvación, que conseguimos, e esta temporada estaba en As Pontes cando o Deportivo ascendeu, foi unha temporada de moita tensión para os meus ex compañeiros pero serviu para que a xente se volcara con eles e sentiran o calor do deportivismo.
-¿Que é o que máis botas de menos de As Pontes ou da Coruña cando estás en Inglaterra?
Boto de menos moitas cousas, a familia, os amigos, o carácter da xente … Pero estou vivindo unha experencia persoal fantástica, aprendendo un idioma, vendo outra cultura … polo que non todo é negativo.
-No teu equipo nestes dous anos houbo, e hai, bos xogadores como Di Santo, Boselli, Moses (que perdeu con Inglaterra a final do Europeo sub17 contra Rochela e España), De Ridder, Rodallega … e tamén hai xogadores españois como Jordi Gómez, Golobart, este ano incorporachedes a Albert Crusat, que recordo que fora Campión de Europa sub17 en 1999 naquela final gañada a Polonia 4-1, con Reina e Arteta, entre outros, e tamén adestra ó equipo o español Roberto Martínez, supoño que ós españois e ós castelán parlantes serán ós que máis apegado estás ¿non?, e Martínez foi peza clave para que ficharas, ¿que tal ves a Roberto como adestrador?, pois falan moi ben del.
Si, son cos que máis vida fago, e tamen teño moi boa relación cos ingleses, no vestiario hai un bo grupo e somos todos amigos, que é unha cousa moi importante. Roberto Martínez foi o que me fichou para o Wigan, alí o adestrador encargase de todas as facetas, é o que ficha, ollea, adestra, negocia os contratos … é moi diferente a España onde so adestran.
adrian_01.jpg
adrian_01.jpg
adrian_01.jpg
adrian_01.jpg
adrian_01.jpg
-As dúas mellores ligas mundiais de hoxe en día, segundo opinións xeneralizadas, son a española e a inglesa, ¿que diferencias máis grandes ves entre elas? e ¿en que gaña unha que perda a outra?
Son dúas culturas diferentes polo que o futbol é diferente tamén, a Liga Inglesa é unha liga de forza, velocidade, e está moi ben organizada, repartense os dereitos da TV por igual, a xente é moi respetuosa cos futbolistas, mentres a Liga Española é calidade, pausa, táctica e a xente é máis paixonal.
-¿O equipo inglés que máis che gustou desde que chegaches?, anda que non hai para elexir (risas).
Gustanme moito o Newcastle e o Everton, foron os que máis me sorprenderon, pola súa afección e o seu estadio, logo esa atmósfera que envolve Anfield, o campo do Liverpool, é incríble.
-¿A que aspiras, no ámbito persoal, e co teu equipo, nesta temporada que comeza, 2012-13?
No ámbito persoal teño o obxectivo de afianzarme no once titular, e no colectivo como xa dixen antes temos un bo equipo con xente xove, dependerá un pouco dos reforzos que faga o clube, pero podese facer moi boa temporada.
-¿Como viviches desde a distancia estes dous anos de Liga Española de competencia tan espectacular entre Barcelona e Real Madrid? ¿qué vaticinas para esta temporada?
Si, houbo moita competencia, pero gustaríame que estivera algún equipo máis loitando polo título, agora mesmo en España so compiten pola Liga o Barcelona e o Real Madrid, gustabame moito cando había equipos como Valencia, Atlético de Madrid, Deportivo … que loitaban ata o final con eles. Non me atrevería a dicir un gañador nesta tempada ou no futuro, pois son dous equipos excelentes.
-Algún lugar co que te quedes dos teus viaxes co Deportivo ou co Wigan.
Moscú, fun alí co Deportivo a xogar e pareceume unha cidade incrible.
-Falame das túas dúas convocatorias coa selección española, a primeira foi coa sub15 en outubro de 2002, daquela non estaba tan en boga o de internet, e confesoche que sempre me quedaron dúas pequenas espiñas, poder conservar esa convocatoria, e saber con que xogadores destacados de hoxe en día coincidiches nela. Tamén sei que neses adestramentos fuches con outros dous xogadores do Deportivo, Marcos Moreira, e Roberto Álvarez, ¿sabes algo deles?, Moreira creo que está no Bergantiños. ¿como foron eses tres días maravillosos en Madrid? ¿que vivencias conservas? ¿algún crack que che impresionara?
Si, coincidira con Piqué, e fixerame moita ilusión ir, a convocatoria fora en Madrid en Las Rozas e pasaramolo moi ben. Moreiras está hoxe en día no Bergantiños e Roberto deixou o futbol polos seus estudios.
-Que por certo, a túa xeneración, a de 1987, é unha das mellores do fútbol español, subcampións de Europa sub17 en 2004 e campións de Europa sub19 en 2006. E chega a túa segunda convocatoria, en novembro de 2007, no partido de clasificación ó Europeo sub21, España 3 Polonia 0, no que fuches suplente de Piqué e Torrejón, e onde chegaches a coincidir entre outros, con Javi Martínez, Bojan, Granero, Capel, Mata … foi en Ponferrada, ¿que me contas? ¿foron os teus pais? ¿gardarás a camisola non?
Si, foi en Ponferrada, e meus pais acercaronse a verme. Recordo que había un grupo moi bo e facíanse nos adestramentos moitas actividades para divertirnos e facer grupo, que para min é o principal que se ten que conseguir nunha selección. A camisola teñoa gardada igual ca do meu debut co Deportivo e o Wigan.
adrian_01.jpg
adrian_01.jpg
-Dime un futbolista que che guste dos actuais e outro de cando eras pequeno e comezabas a xogar ó fútbol.
Que me gustan dagora hai moitos, poderíache dicir Xavi, Iniesta, Ozil … de pequeno gustabanme Laudrup, Hierro, e tamén me encantaba o xogador do Deportivo Naybet.
-O teu pai, que foi un gran central nos seus anos, eu tamén fun novo eh (risas), xogou no Lugo e no As Pontes en Segunda B, entre outros, ¿chegaches a velo xogar alguna vez?, ¿dache moitos consellos?
Non me acordo, todo o que vin del foi por vídeos. Co meu pai sempre falo despois dos partidos para comentar o que fixen, ben ou mal, e teño a súa opinión moi en conta.
adrian_01.jpg
-Como futbolista que xogou contra equipos das dúas mellores ligas do mundo, ¿gardaches moitas camisolas?, ¿de cales gardas mellor recordo ou cal che fai máis ilusión?
A maioría das camisolas que consigo regaloas, ou á miña familia, ou ós meus amigos, creo que as valoran máis eles ca min. Algunha teño gardada do meu primeiro ano en Primeira División, como a de Guti, Kanouté ou a de Luis García, que o día do meu debut co Deportivo deuma moi amablemente.
-¿De pequeno facías outras actividades físicas ademáis do futbol?
Cando era pequeno fixen bastante deporte, facía natación, tenis, e tamén fútbol sala, pero deixeino todo polo fútbol campo, que era o que máis me gustaba.
-¿Que che pareceu a Eurocopa recentemente concluida?
España estivo impresionante, con un triplete que será difícil de igualar.
-Escoitei que queres fundar unha escola deportiva nun futuro en As Pontes, contanos un pouco eses plans teus, pero de momento, aínda che quedan dez anos de fútbol ó máis alto nivel polo menos eh (risas).
Bueno, é un pensamento que teño agora mesmo, non sei nun futuro que pasara, agora mesmo teño ós meus amigos e á miña familia en As Pontes, polo que despois de tanto tempo fora do pobo creo que me sentiría realizado de poder volver e montar a miña propia escola deportiva.
-Contoume un paxariño que eras un brillante estudiante de Empresariais, con unhas notazas que asustan, ¿que me podes dicir deso?
Pois quedanme unhas asignaturas de terceiro de carreira, e agora que estou en Inglaterra non me podo presentar ós exames, pero espero acabar a carreira cando teña un pouco de tempo.
-Cando te quitas o “traxe” de futbolista, ¿con que outras cousas disfrutas na vida?
Gustame moito o cine, sempre que teño tempo libre e hai algunha película que me interese vou a vela.
-Mentres ti esteas en Inglaterra comezando a pretemporada, van a ser as festas aquí en As Pontes, ¿algo que dicirlle ós nosos veciños?
Xa levo moitos anos sen poder ir ás festas, ogallá que sexan unhas boas festas e que todos os ponteses e pontesas se divirtan moito nelas e disfruten moito dos seus familiares e amigos, eu desde Inglaterra mandolles unha aperta moi grande, e estarei con algo de envexa por non poder estar.
Bueno Adrián, non che roubo máis tempo, moitas gracias por estes minutos, foi todo un luxo e un privilexio para min, agardemos que che vaia todo ben nesta andaina que acaba de comezar na temporada 2012-13 en Inglaterra e nos moitos anos que che quedan como futbolista.
Moitas gracias a ti Xose.
adrian_01.jpg
adrian_01.jpg
adrian_01.jpg
adrian_01.jpg
adrian_01.jpg
adrian_01.jpg
adrian_01.jpg
adrian_01.jpg
adrian_01.jpg
adrian_01.jpg
adrian_01.jpg
adrian_01.jpg
adrian_01.jpg
adrian_01.jpg
adrian_01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios