Amigus
As Pontes

Nota de prensa Xuntos Por As Pontes: 1 de maio – Día Internacional Da Clase Traballadora

Esta mañá xuntámonos varios veciños da vila no monumento ao traballador para conmemorar o 1 de maio, día da clase obreira.

Esta mañá xuntámonos varios veciños da vila no monumento ao traballador para conmemorar o 1 de maio, día da clase obreira.

Acto emotivo no que se homenaxeou a tódolos traballadores da vila, especialmente a todos os que sufriron accidentes laborais e outras enfermidades derivadas do desempeño profesional.

Acompañounos José Fraga, quen no 2009 mentras traballaba, recibiu unha descarga eléctrica que o deixou en coma durante 10 meses e lle deixou secuelas físicas permanentes moi severas. A todos os padecementos físicos, únense os xudiciais, pois tivo que loitar durante 8 anos para que se lle recoñeceran os seus dereitos derivados do accidente laboral. Agradecemos o seu tesón e firmeza; un exemplo claro de valentía e de loita polos propios dereitos.

Reivindicouse tamén máis carga de traballo na localidade e na comarca, denunciouse o peche de empresas con eres extentivos coma DAXIONG SPAIN ou DAORGE e demandouse o respeto dos dereitos laborais das mulleres así como unha maior igualdade no ámbito empresarial.

Protestouse pola precariedade á que se ven sometidas moitas persoas e pediuse a reactivación económica da contorna, baseada en criterios de sostibilidade e de calidade. Tamén, o reforzamento dos mecanismos de protección social, tan danados polos recortes e que tanto dano están causando ás veciñas e veciños.

Demandouse unión e organización, colaboración cos sindicatos dos centros de traballo e a reivindicación da loita polos nosos dereitos. Porque só loitando xunt@s conseguiremos derrotar este sistema que nos ten sometidos.

Despois da lectura do manifesto, fíxose unha ofrenda floral.

As pontes, 1 de maio de 2017

Bo día a todas e todos. Agradecemos a vosa asistencia ao acto.

Como sabedes, hoxe é o 1 de maio. Día internacional do traballo. Día da festa obreira mundial.

Por unha banda, é un día de recordo e de lembranza, un día para mirar cara atrás, máis aló e fora das nosas fronteiras e render unha homenaxe a todas aquelas persoas que en distintas latitudes caeron loitando por facer máis digna a nosa vida.

Por outra banda, é un día para mirar cara o presente. Un día de reivindicación social e laboral da clase obreira, porque a loita ten que continuar.

E continúa aquí mesmo, nas Pontes, onde temos un exemplo claro: no ano 2016, como sabedes, os traballadores da empresa chinesa DAXIONG SPAIN foron despedidos inxustamente por esixir os seus dereitos laborais máis básicos. Grazas ás súas reivindicacións, lograron conseguir alomenos unha indemnización para paliar a perda do seu traballo. Este ano 2017 produciuse un novo peche mediante un ERE extintivo da empresa DAORGE, que mandou para a casa aos seus traballadores.

Como dicimos, a loita continúa tamén noutras empresas radicadas na nosa localidade, noutras moitas obreiras e obreiros que traballan baixo condicións de precariedade, con contratos de días ou horas e cuns salarios de miseria.

Hoxe máis que nunca debemos buscar unha solución a esta situación. Debemos pór en marcha o crecemento económico da nosa contorna e aumentar o emprego de verdade e non o emprego precario que se promove dende outras instancias e que só favorece aos grandes capitais.

Dende aquí, dende As Pontes e as comarcas do noroeste, podemos facer moitas cousas se os gobernos que se sitúan na esquerda queren e colaboran entre eles. Fai tempo que vimos demandando, en colaboración con outras plataformas da contorna, a elaboración dun plan comarcal de choque contra o paro, polo emprego e a renda básica.
Nos últimos informes da EPA (Enquisa de Poboación Activa) os datos non son nada esperanzadores, xa que nas Pontes o problema non é o paro -que tamén o hai- senon o despoboamento.

E coma sempre, a peor parte lévana as mulleres, pois son as que máis sofren o desemprego, as que máis sofren a precariedade e as que máis sofren as desigualdades, tanto nos salarios coma nas condicións de traballo.

En definitiva, a día de hoxe estase a crear un emprego de peor calidade e polo tanto máis volátil e menos produtivo, un emprego máis precario, auspiciado polas leis laborais vixentes promovidas polo PP que o único que perseguen é a facilidade nos despedimentos, a redución dos salarios, o empeoramento nas condicións de traballo e o outorgamento aos donos do capital dun poder case ilimitado.

É por isto que hoxe, dende aquí, reclamamos un xiro nas políticas tanto na Galiza como na España, para que se poña o acento dunha vez por todas en:
• impulsar unha reactivación económica sostible e duradeira baseada no cambio do noso modelo produtivo, para dirixilo cara actividades xeradoras de emprego de máis calidade, e
• no reforzamento dos mecanismos de protección social tan danados polos recortes e que tanto sufrimento inútil causaron e están causando á cidadanía.
Só así será posible construír unha nova senda de desenvolvemento económico e social que redunde nunha mellor calidade de vida.

Debemos unirnos e organizarnos, colaborar cos sindicatos dos nosos centros de traballo, unirnos a plataformas ou crear nós outras que nos sirvan para reivindicar a loita polos nosos dereitos. Porque só loitando xunt@s conseguiremos derrotar este sistema que nos ten sometidos.

-Polo dereito ao traballo
-Pola igualdade entre mulleres e homes
-Por salarios dignos que permitan vivir con dignidade
-Por unhas condicións laborais xustas.

Tal e como expresamos tódolos 1 de maio, tamén queremos recordar e homenaxear a todas as persoas que faleceron en accidentes laborais, tanto na construción da central e na explotación da súa actividade, como aquelas outras vinculadas aos diferentes sectores económicos de As Pontes. E precisamente aquí, no monumento levantado para conmemoralas.

O noso recordo para todas aquelas que sufriron accidentes laborais e tamén para as que  padeceron e padecen enfermidades derivadas do desempeño do seu posto de traballo, como poden ser o cancro profesional, a silicose ou patoloxías derivadas do amianto e das substancias químicas, trastornos músculo esqueléticos e as enfermidades de tipo psicosociais. Enfermidades non rexistradas en ningures e que un ano máis reclamamos que se teñan en conta para mellorar as condicións de traballo e reducir as exposicións aos elementos de risco que as producen.

**

Hoxe está con nós José Fraga Montero, de 55 anos, que sufriu un accidente laboral o 18 de maio do 2009.

José levaba 28 anos traballando coa electricidade de alta tensión.

Ese día detectouse unha avería no CT do Poboado do Muíño a onde o destinaron para arranxala. A él só, cando obrigatoriamente deben desprazarse 2 persoas para este tipo de traballo. Non lle facilitaron tampouco a roupa regulamentaria precisa (roupa inífuga).

Ese 18 de maio do 2009, cando se atopaba no CT do Poboado do Muíño, só e sen a roupa axeitada, recibiu unha descarga de 20.000 voltios, polos que sufriu queimaduras no seu corpo que o mantiveron 10 meses en coma. A día de hoxe ten unha invalidez absoluta e secuelas moi severas.

Ademáis dos padecementos físicos que sofre, súmase a longa e desmedida loita xudicial polo recoñecemento dos seus dereitos derivados do accidente laboral, loita que durou 8 anos.

Hoxe agradecémoslle o seu tesón, a súa firmeza, a súa loita e a súa valentía en nome de todos os traballadores que sofren estas situacións.

**

Unha vez máis, grazas por asistir.

Pasamos a facer o acto de entrega floral

También podría gustarte
Comentarios