Amigus
As Pontes

XV Xuntanza de veciños da Parroquia da Vilabella

O sábado día 24 de Agosto celebrouse na Vilabella a XV Xuntanza de veciños da Parroquia da Vilabella.

A partiré da 1:30 celebrouse unha misa en honor o patrón da Vilabella S.Andres para a continuación celebrar a procesión arredor do cruceiro e voltear os Santos a Igrexa . A partiré das 2:30 iniciouse a sesión vermut e amenizada poli grupo Duo JM , o rematar a sesión vermut mais de ciento cincuenta persoas poideron disfrutar dun xantar comporto de empanada , xamon cocido , polbo con paracas churrasco de porco e tenreira e postre e café todo a un prezo de 30 e, Os menos tramen poideon disfrutar de hinchables e carreras de sacos estas actividades estuvieron a cargo de Ita Animacion Infantil . E xa a partiré das 8:30 comenzou a verbena con dos dúos JM e Caramelo e como non facendo unha parada para cear algo . Por parte do Concello asisteo o Alcalde de As Pontes e Presidente da Diputación Valentín González e tramen estivo o Alcalde de Xermade o. socialista Roberto Garcia . 

A parroquia da Vilavella, duns 31 km2 e actualmente con 184 habitantes (93 en Saa, 29 en Vila e 18 en Maciñeira), foi unha das freguesías que máis sufriu a desaparición do se territorio e das súas aldeas, debido á explotación da mina de carbón, como Acivido, Almigonde, A Barosa, Carracedo, A Cartilida, O Casal da Boa, A Casa Longa, O Castro da Uz, Ferreira, O Meidelo, Os Mouros, O Outeiro, A Palloza, A Parrocha, A Picheira, A Ponte da Pedra, O Portorroibo, O Ribeirón, O Vilar e a maior parte da propia aldea de Vilavella-Igrexa, lugar que hoxe está deshabitado e do que só se conserva a igrexa, o cemiterio e varias casas restauradas sen ningún uso.

Na Vilavella atopáronse vestixios dos primeiros asentamentos humanos, como un vaso campaniforme (6000 e 2800 a.C.) e un torques de ouro. Tamén existen mámoas, moitas delas desaparecidas, así como un castro con tres muros paralelos de protección que estaba no lugar do Castro da Uz. 
A igrexa parroquial é do século XV, sendo a súa fachada do XVIII. No seu interior conserva un retablo (s. XVIII) e unhas imaxes talladas entre os séculos XV e XVII. 

Segundo o dicionario Madoz, en 1845 a parroquia da Vilavella contaba con 127 veciños e 630 habitantes, que gozaban dun clima benigno e saudable, repartidos nos lugares de Acebido, Maciñeira, Meidelo, Monte, Mouros, Sá e Vilabella. A súa igrexa parroquial estaba servida por un cura de entrada e padroado real e eclesiástico. 

As súas festas celebrábanse de moi antigo a finais de agosto na honra a Santo André, pois antigamente esta parroquia era coñecida como Santo André do Bosque.

Nova cortesía de Raimundo Carballo

También podría gustarte
Comentarios