A Asociación EuroEume firma un contrato de axuda con ASPANAES
A Asociación EuroEume firmou un contrato de axuda coa Asociación de Pais de Persoas con Transtorno de Espectro Autista da Provincia da Coruña (ASPANAES), no marco da Iniciativa Comunitaria Leader +.
O proxecto presentado por ASPANAES consiste no acondicionamento da RESIDENCIA POBOADO AS VEIGAS, edificación cedida polo Concello de As Pontes, para o seu uso como Centro Asistencial, Educativo, e Residencial para as persoas con Transtornos de Espectro Autista e as súas familias.
O obxectivo da actuación é o de proporcionar servizos axeitados para cada etapa do ciclo vital das persoas con Transtornos do Espectro Autista, procurando unha mellora na calidade de vida destas persoas e das súas familias. Os servizos que se van implantar no centro Residencia Poboado das Veigas, son os seguintes:
Servizo de Valoración, Diagnose e Orientacion para persoas con transtornos de espectro autista e familias
10 plazas no Centro Educativo Especial para persoas con transtornos de espectro autista
20 plazas no Centro de Día para persoas con transtornos de espectro autista
16 plazas de vivenda para persoas con transtornos de espectro autista
12 plazas nas Colonias de Ocio para respiro familiar.
Servizo de orientación e inserción laboral para persoas con transtornos de espectro autista.
O proxecto RESIDENCIA POBOADO AS VEIGAS no concello de As Pontes (expediente nº 2.103.091) presenta unha inversión, orzamento subvencionable, de 694.262.9 . A axuda aprobada por EuroEume representa o 36 % desta inversión, o que supón 249.934.65 .
Se ben, dado o estado de compromisos existente na medida en que se encadra dito expediente (Servizos á poboación), a axuda queda garantida inicialmente na cantidade de 77.668,2 , quedando en reserva, á espera de baixas en outros expedientes ou ben a concesión de novos fondos ao Leader + xestionado por EuroEume, a cantidade de 172.266,4 .
Os presidentes de ambas entidades expresaron a súa vontade de colaboración mutua para acadar un maior nivel de cofinanciación do proxecto con recursos públicos.