Amigus
As Pontes

A Asociación EuroEume firma un contrato de axuda con ASPANAES

A Asociación EuroEume firmou un contrato de axuda coa Asociación de Pais de Persoas con Transtorno de Espectro Autista da Provincia da Coruña (ASPANAES), no marco da Iniciativa Comunitaria Leader +.


O proxecto presentado por ASPANAES consiste no acondicionamento da RESIDENCIA POBOADO AS VEIGAS, edificación cedida polo Concello de As Pontes, para o seu uso como Centro Asistencial, Educativo, e Residencial para as persoas con Transtornos de Espectro Autista e as súas familias.
O obxectivo da actuación é o de proporcionar servizos axeitados para cada etapa do ciclo vital das persoas con Transtornos do Espectro Autista, procurando unha mellora na calidade de vida destas persoas e das súas familias. Os servizos que se van implantar no centro Residencia Poboado das Veigas, son os seguintes:
• Servizo de Valoración, Diagnose e Orientacion para persoas con transtornos de espectro autista e familias
• 10 plazas no Centro Educativo Especial para persoas con transtornos de espectro autista
• 20 plazas no Centro de Día para persoas con transtornos de espectro autista
• 16 plazas de vivenda para persoas con transtornos de espectro autista
• 12 plazas nas Colonias de Ocio para respiro familiar.
• Servizo de orientación e inserción laboral para persoas con transtornos de espectro autista.
O proxecto “RESIDENCIA POBOADO AS VEIGAS” no concello de As Pontes (expediente nº 2.103.091) presenta unha inversión, orzamento subvencionable, de 694.262.9 €. A axuda aprobada por EuroEume representa o 36 % desta inversión, o que supón 249.934.65 €.
Se ben, dado o estado de compromisos existente na medida en que se encadra dito expediente (Servizos á poboación), a axuda queda garantida inicialmente na cantidade de 77.668,2 €, quedando en reserva, á espera de baixas en outros expedientes ou ben a concesión de novos fondos ao Leader + xestionado por EuroEume, a cantidade de 172.266,4 €.
Os presidentes de ambas entidades expresaron a súa vontade de colaboración mutua para acadar un maior nivel de cofinanciación do proxecto con recursos públicos.

También podría gustarte
Deja una respuesta