Amigus
As Pontes

Ven de sair o KDE 3.1.3

Ven de sair hoxe martes, a versión 3.1.3 do xestor gráfico para linux KDE. Nesta nova versión, ademais de corrixir certos fallos de seguridade co kfm, fan unha limpeza de fallos cos programiñas do KDE bastante completa.

En China queren controlar os SMS

En noticias.com publican: "As autoridades chinesas están planexando controlar o contido das mensaxes SMS, engadíndoos desta forma a unha lista de obxectivos que xa inclúen o correo electrónico, as web sites e os chats de Interntet..."

redlibre.net

Redlibre.net é un grupo de persoas que pretende organizar o que son as redes inalámbricas metropolitanas para que se nalgún momento se poden enlazar unhas con outras, non haxa problemas de ningún tipo.

¿Qué é iso do Wi-Fi?

Para os que o tema Wi-Fi vos soe algo lonxe, vouvos explicar un pouco de qué vai isto, a ver se así vos animades a participar neste proxecto da asociación.

navegando … en aceite

mirade o que temos aquí, un ordenador metido nunha caixa de ferramentas e TODO bañado en aceite. non hai ruido non hai problemas de espacio son apilables ... qué máis queredes?