‘Blaster’: Obxectivo Microsoft
A partires do sábado 16 de agosto, cada ordenador infectado polo berme de Internet chamado ‘Blaster’ comenzará a enviar peticións de datos varias veces por segundo ó sitio de Microsoft ata conseguir bloquealo.

Coma unha xigantesca líña de tiradores preparados para abrir fogo, centos de miles de ordenadores están listos para lanzar un ataque potencialmente moi dañino contra un solo sitio de Internet, que pertence ó xigante do software Microsoft.
O sitio de Internet no punto de mira é www.windowsupdate.com, usado por Microsoft para distribuir actualizacións do seu sistema operativo Windows, software instalado en gran parte dos ordenadores de todo o mundo.
Blaster estivo propagándose por Internet dende o luns. Para o mércores, os expertos de seguridade en Europa informaron de que o berme, que apunta ós ordenadores que operan cos sistemas Windows XP, Windows 2000, Windows NT e o Server 2003, aínda está infectando terminais, aínda que a un rítmo máis lento.
Fonte: noticiasdot.com