Campionato galego de kárate senior e para-karate
O polideportivo municipal das Pontes acolleu durante a xornada deste domingo o Campionato Galego de kárate para as categorías sénior e parakárate, no que os deportistas locais colgáronse cinco medallas.
Anxo Guillén Ferreiro (Renbu-Kan) acabou no primeiro posto da modalidade kumite sénior masculino +75 quilos. Na mesma especialidade, pero en -75 quilos, Aitor Vidal Couto (ESK Narón) tamén subiu todo o máis alto do podio, co seu compañeiro de club Joel Santiago Otero no terceiro lugar. Outra integrante do Narón, Sara Vázquez Rumbo, foi bronce en kumite open sénior feminino. O quinto metal, unha prata, levoullo Ariadna Rocha López (Bunkai) en kata sénior feminino.
No evento participaron medio centenar de deportistas pertencentes a 13 clubs galegos, catro deles da zona. Estivo organizado pola Federación Galega de Karate, co patrocinio do Concello das Pontes e a colaboración da Secretaría Xeral para ou Deportes. A partir desta competición farase a selección galega para o Campionato de España de marzo.
Nova cortesía de Raimundo Carballo