Amigus
As Pontes

CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIÓNS COMARCAIS AS PONTES 2024

Ferrol (con tres ponteses), en Infantil Masculino, A Coruña en Benxamín Mixto e Infantil Feminino, Ourense en Alevín Masculino, e A Costa en Alevín Feminino, reinan en As Pontes.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Este luns ao longo de todo o día disputaronse en As Pontes as semifinais e finais do Campionato Galego de Seleccións Comarcais nos Pavillóns Municipal e de Monte Caxado, evento organizado polo Lago Sport.

Andi (adestrador), David Vilasuso e Daniel Piñeiro (O Esteo) sumanse a unha longa lista, encabezada polo piragüismo, de Campións Galegos do deportes pontés. Brillante tamén o Subcampionato de Daniela Feal, Adair Legaspi, Aroa Meizoso e Laura García, do Lago Sport.

Como diciamos, Ferrol, con tres ponteses, dous na pista e un no banquiño, en Infantil Masculino, logrou vencer o Campionato tras gañar a Pontevedra 3-2 en semifinais, e 1-0 a A Coruña na gran final.

En Infantil Feminino, con unha ferrolá e tres pontesas do Lago Sport, Ferrol vencía a Pontevedra 1-1 (6-5) nas semifinais, e caía moi honrosamente ante A Coruña 2-4 na final. Unha selección herculina que previamente goleou a Vigo 7-2 na penúltima rolda.

Outros ponteses participantes foron Leo Doce, Gael Romalde e Adrián Santos (O Esteo), na Alevín Masculina, que caeu nas semifinais, nun torneo no que Ourense venceu 6-5 a Lugo nunha vibrante final.

Tamén formaron parte Leo Barro e Hugo Balseiro (O Esteo) na Benxamín Mixta, que perdeu en semifinais, nun torneo gañado por A Coruña a Vigo na final. En Alevín Feminino o sorprendente gañador foi o equipo de A Costa fronte a selección olívica.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios