Difícil partido para o CD As Pontes no Poboado ante o líder Rápido de Bouzas, conxunto que visita o Poboado por 13ª ocasión
O Rápido de Bouzas, adestrado polo mítico Patxi Salinas, vén ó Poboado nun mal momento para o CD As Pontes, equipo que leva perdido 7 puntos nos tempos de desconto en tres partidos dos catro últimos disputados, Barco (2), Arousa (3) e Vilalonga (2), partido este que gañaba por 0-2 no minuto 91, pero dous goles do Vilalonga na prolongación deron ó traste con todo o feito ó longo do encontro.
Se botamos unha ollada á clasificación, o club pontés, sumando eses 7 puntos, estaría na 14ª posición; libre, incluso do descenso por arrastre, por riba de Vilalonga, Alondras, Negreira, Castro, Choco, Dubra e Ordes. Pero, a realidade é totalmente distinta, segue na penúltima praza con só 8 puntos en 12 partidos disputados.
Polo que, sumar os tres puntos contra o líder, que leva tres xornadas sen perder, é vital para os ponteses de cara a vindeiras xornadas. Calquera outro resultado afundiríao aínda máis no pozo da clasificación.
O Rápido de Bouzas, un histórico do fútbol galego con máis de cen anos de vida e 21 tempadas en Terceira División, visita o Poboado por 13ª ocasión. En campo pontés perdeu en sete ocasións, empatou catro e gañou o da pasada tempada por 1-2.
Na historia dos dous clubs está a final da Copa de Galicia de 1968, que gañou precisamente o entón CF Calvo Sotelo, ó vencer nos dous partidos, 3-1 no Poboado (30-06-1968) e 1-2 en campo vigués (7-07-1968), partido no que o Calvo Sotelo aliñou a Leal, Miguel, Ordáx, Javi, Celso Roca, Pichi, Calpita, Linitos, Vivero, Molowny (autor dos 2 goles) e Vidal.
TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (13ª xornada)
C.D. AS PONTES – RÁPIDO DE BOUZAS
CAMPO DO POBOADO (As Pontes
DOMINGO 13 DE NOVEMBRO DE 2016 (16,15 h)
ÁRBITRO: ALBERTO GÓMEZ LAMEIRO (Pontevedra)
LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CD AS PONTES – EFB AMISTADE MEIRÁS
Campo do Poboado (As Pontes)
Domingo 13 de Novembro de 2016 (11,30 h)
1ª AUTONÓMICA XUVENIL 1ª FASE (Grupo A)
CD AS PONTES – MEIRÁS CF
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 12 de Novembro de 2016 (16,15 h)
1ª AUTONÓMICA CADETE 1ª FASE (Grupo B)
MEIRÁS CF – CD AS PONTES
Campo Misael Prieto (Meirás)
Sábado 12 de Novembro de 2016 (16,15 h)
1ª AUTONÓMICA INFANTIL 1ª FASE (Grupo C)
CD AS PONTES – GALICIA DE CARANZA B
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 12 de Novembro de 2016 (11,00 h)
CATEGORÍA ALEVÍN (1ª Fase)
CD CARIÑO – CD AS PONTES
Campo Municipal (Cariño)
Sábado 12 de Novembro de 2016 (11,00 h)
CD AS PONTES B – EUME DEPORTIVO B
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 12 de Novembro de 2016 (11,00 h)
CATEGORÍA BENXAMÍN (1ª Fase)
CD AS PONTES (Descansa)
RACING DE FERROL B – CD AS PONTES B
Campo da Malata 3 (Ferrol)
Venres 11 de Novembro de 2016 (18,15 h)
CATEGORÍA PREBENXAMÍN (1ª Fase)
CD AS PONTES – SD RÁPIDO DE NEDA
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 12 de Novembro de 2016 (12,10 h)
GALICIA MUGARDOS – CD AS PONTES B
Campo da Pedreira (Mugardos)
Sábado 12 de Novembro de 2016 (12,30 h)
Nova cortesía de A.F.