Concentración a prol do copyleft fronte a $GAE
Lendo agnix.org:
“Dende o hacklab da casa encantada, facemos un chamamento a todas as persoas interesadas en apoiar, promover e apoiar outras formas de circulacion da autoria (copyleft, gpl, tradición oral…) para manifestar o seu desacordo coa política levada de forma unilateral polos novos/as mafiosos/as do coñecemento e máis concretamente da SGAE.
Coincidindo có encontro da sociedade de autores europeos (CIADLV, consello de autores dramaticos, literarios e de obras audiovisuais) en Santiago de Compostela o hacklab da Casa Encantada fai un chamamento a unha concentración diante do Hotel AC Palacio del Carmen, Rúa Obladas, o mércores dia 6 de abril ás 13:00 h da mañá.
Ánimo e forza, moita forza!”…
Fonte: agnix.org