Partidazo de quilates o vivido este domingo soleado á mañá no Campo Artificial Evaristo Puentes, entre o conxunto pontés e o cadro ferrolán.
Puidose ver a xogadores ilustres, como o mítico dianteiro racinguista Gonzalo “Gontzal” Sueiro, ou xente con pasado no CD As Pontes, como os dous grandes medio centros, Carlos Mella (2000-02); primo do laureado Iván Helguera; e Alex Grueiro (2002-06).
Por parte local tamén practicamente se estreaba o gran goleador Jose Manuel Rodriguez Tenreiro “Pana”, ex O Parrulo (2006-16), e ex O Esteo (2017-19).
No encontro en si, os verdes levaron o peso do partido ante un equipo azul que aguantou como gato panza arriba. Zapa adiantou aos visitantes a pouco do final, pero no desconto era Gerardo o que establecía o 1-1 definitivo, e outorgaba aos de Felipe Mieres quizais o punto máis saboroso dende que se creou a sección.
Nova cortesía Xose Ferreiro
Nova cortesía Xose Ferreiro