Mañá será enterrado no cemiterio dos Alimpadoiros desta vila Evaristo Puentes Durán, pai do exárbitro de Primeira División, Evaristo Puentes Leira.
Evaristo faleceu hoxe na súa casa de As Pontes a idade de 83 anos. Foi unha persoa moi vencellada ó deporte local, en especial ó fútbol, pois durante máis de tres décadas foi o coidador das instalacións do Poboado, masaxista e o encargado do material do Club das Pontes. Foi aquela persoa que o amañaba todo. Unha persoa moi querida e prezada nas Pontes, que recibiu o seu merecido homenaxe en xullo de 2010 con motivo do pregón das festas, recibindo o recoñecemento do pobo de As Pontes cunha placa que lle entregou o alcalde pontés, Valentín González Formoso, así como a insignia de ouro e brillantes do Club Deportivo As Pontes que lle entregou Xaime Castro Paz, presidente do Club.
Nacera en Anca o 9 de xaneiro de 1930. Antes de vir para As Pontes foi xogador do Liñares, Sansa, Esteiro, Arsenal e o lendario Club Deportivo Puentes, deixando a práctica do fútbol en 1956 pasando a ser masaxista do Club pontés e encargado das instalacións deportivas do Poboado.
Co noso recoñecemento e agradecemento, o máis sentido pesar á súa familia. (A.F.)
Novas
- VI Slalom Vila de As Pontes
- Os ponteses Alberto da Silva e Román Varela logran o premio a mellor proxecto do XII Carballo Interplay
- Concertos ilustrados. Con Richi Casás
- 1ª Proba Copa Galega Infantil de Piragüismo
- ACTUACIÓN DO CVF AS PONTES NO CAMPEONATO DE ESPAÑA DA CLASE VAURIEN 2025
- PARTICIPACIÓN DO CLUB DE VELA FLUVIAL AS PONTES NO CAMPEONATO DE ESPAÑA 2025 DA CLASE VAURIEN
- Campionato de España Piragüismo Xóvenes Promesas
- IX ruta turística vila de As Pontes
- Folixa camp Semana Santa
- Xornada de promoción do barco dragón
Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.
Anterior
También podría gustarte
Comentarios