FALECEU EVARISTO PUENTES DURÁN

Mañá será enterrado no cemiterio dos Alimpadoiros desta vila Evaristo Puentes Durán, pai do exárbitro de Primeira División, Evaristo Puentes Leira.
Evaristo faleceu hoxe na súa casa de As Pontes a idade de 83 anos. Foi unha persoa moi vencellada ó deporte local, en especial ó fútbol, pois durante máis de tres décadas foi o coidador das instalacións do Poboado, masaxista e o encargado do material do Club das Pontes. Foi aquela persoa que o amañaba todo. Unha persoa moi querida e prezada nas Pontes, que recibiu o seu merecido homenaxe en xullo de 2010 con motivo do pregón das festas, recibindo o recoñecemento do pobo de As Pontes cunha placa que lle entregou o alcalde pontés, Valentín González Formoso, así como a insignia de ouro e brillantes do Club Deportivo As Pontes que lle entregou Xaime Castro Paz, presidente do Club.
Nacera en Anca o 9 de xaneiro de 1930. Antes de vir para As Pontes foi xogador do Liñares, Sansa, Esteiro, Arsenal e o lendario Club Deportivo Puentes, deixando a práctica do fútbol en 1956 pasando a ser masaxista do Club pontés e encargado das instalacións deportivas do Poboado.
Co noso recoñecemento e agradecemento, o máis sentido pesar á súa familia. (A.F.)
evaristo_1.jpg
evaristo_2.jpg

También podría gustarte
Comentarios