Amigus
As Pontes

Objetivo 2012: Gema Buitrón

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Gema Buitrón Cortiñas naceu en As Pontes (19-7-1989). Xunto a Magali Foulón, a prometedora naronesa Iria Grandal, asi como Helena Fernández, Irene Delgado e Beatriz Cabrero representa o futuro do Tiro con Arco feminino español.
Campiona galega en tódalas categorías tanto en sala como ó aire libre e varias veces campiona de España, infantil, junior, universitaria e por equipos, anque os seus triunfos de máis sona a nivel estatal foron o doblete no Campionato de España Absoluto do 2009 tanto en sala como ó aire libre. No seu palmarés tamén destacan a medalla de plata por equipos na European Junior Cup Praga 2006, dúas medallas de bronce nas Universiadas de Taipei 2008 e Belgrado 2009, e sobre todo a medalla de plata por equipos nos Europeos Absolutos levados a cabo en Rovereto (Italia) hai uns meses, tras perder na final ante as todopoderosas rusas, a primeira medalla por equipos conseguida por un combinado estatal en un Europeo. Tamén un feito a ter en conta é que Gema conseguiu superar algúns dos innumerables records españois da mítica campiona de Europa Almudena Gallardo Vicente, e é habitual na selección española en tódalas competicións internacionais nos últimos anos.
Actualmente Gema está na Residencia Joaquín Blume de Madrid baixo a tutela do seleccionador español, o coreano Hyong Mok Cho, onde combina os seus adestramentos cos estudos universitarios de Publicidade e Relacións Públicas. Tamén protagonizou a campaña publicitaria europea do videoxogo Wii Sports Resorts de Nintendo.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios