Grazas pola vosa acollida sempre
No rugby reanúdase a oferta da modalidade feminina despois de máis dunha década da última experiencia que dera un equipo que chegou a acadar un décimo posto no campionato de Espeña e xogadoras na selección galega e mesmo unha internacional como Jaqueline Cruz, actualmente xogando en división de honra, onde suma dous subcampionatos.
O C. R. Fendetestas puxo en marcha unha escola de iniciación para rapazas, e unha decea respostou á primeira xornada que vai ter continuidade este sábado. De novo ás doce en monte Medulio. Esta convocatoria nace co obxectivo de difundir este deporte entre as mulleres, sen máis expectativas que ofrecer unha nova alternativa sen ánimo competitivo para comezar.
Non hai límites de idade por arriba nin por abaixo, pois tan só se pretende achegar esta modalidade a todos os sectores da poboación sen máis intención competitiva que a que logo podan demandar @s participantes. De feito, cadrando cos 25 anos do Clube de rugby pontés, vanse seguir a desenvolver cursos de difusión do deporte do oval, continuando polos máis pequenos.
Nova cortesía de Xosé Cendán