Co título de liga asegurado a falta de catro xornadas, o Esteo afrontou o seu compromiso de Vigo con tranquilidade diante dun IES Coruxo que busca acadar a segunda praza, sendo o primeiro equipo que gañou nas Pontes. O partido entre vigueses e ponteses estivo igualado, sobre todo na primeira parte na que o gol tardou en chegar. Foi a falta de vinte segundos para o descanso cando Bolly, logo dun saque de esquina, manda un forte disparo polo escuadro establecendo o 0-1. Nos primeiros dez minutos do segundo período o Esteo dominou claramente e tivo cinco boas ocasións para distanciarse no marcador, pero nas aproveitou. Sen embargo no minuto trece os locais remontaron con tantos de Aarón e Dani. A falta de catro minutos o Esteo saca porteiro xogador e logra empatar por mediación de Héctor. Pero, despois dous erros defensivos dos ponteses propiciaron a vitoria dos olívicos sobre o campión de liga, que acudiu a este partido coas importantes baixas de Chotto e Rubi.
Na vindeira xornada, partido de rivalidade contra o Vilalba que se disputará o domingo 14 no pavillón da Fraga a partir das cinco e media do serán (17,30). Con anterioridade, xoves 11 (20,30), o Esteo xogará un amigable internacional contra o Baku United FC, da primeira división inglesa.
FICHA DO PARTIDO
C.VIGO IES CORUXO: Daniel, Cristián, Marco, Dani, Iváncinco inicial- Andrés, Bruno, Aarón e Alejandro.
O ESTEO FS: Iván, Pelu, Gerardo, Fran, Héctor cinco inicial- Pellón, Bolly, Gerveno e Diego.
ÁRBITROS: Cardero Rodríguez e Vázquez Castellanos (Ourense). Amoestaron a Dani e Héctor.
GOLES: Min. 20 (0-1), Bolly. Min. 32 (1-1), Aarón. Min.33 (2-1), Dani. Min. 37 (2-2), Héctor. Min. 38 (3-2), Dani. Min. 39 (4-2), Bruno.
INCIDENCIAS: Partido da Terceira División de fútbol sala disputado no pavillón municipal das Travesas, de Vigo.
O ESTEO XUVENIL REMATOU A LIGA NA SÉTIMA POSICIÓN
O conxunto xuvenil do Esteo despediu a liga cunha vitoria na casa por 2-0 diante do Cidade de Viveiro. A estrea do cadro xuvenil en categoría nacional non puido ser mellor, xa que rematou a competición nunha meritoria sétima posición con 22 puntos, que non está nada mal, tendo en conta que nesta categoría tivo que enfrontarse ós equipos xuvenís do Azkar Lugo, Burela, Santiago Futsal, conxuntos que militan na máxima categoría do fútbol sala español. Precisamente, e por este orde, estes conxuntos foron os primeiros clasificados da liga nacional xuvenil da presente temporada.
O máximo realizador do equipo foi Pablo, con 12 goles, seguido de Santi con 8, Jacobo con 7 e Manu con seis tantos. Alberto, con 5 goles, Rouco con 4, Picos con 3 e Galego con dous completan os 47 goles que logrou o Esteo no campionato.
Nova cortesía de A.F.