A Irmandade As Pontes-Lesneven-Carmarthen convoca unha nova edición dos cursos de francés e inglés dirixidos a adultos e escolares. As clases serán de iniciación e perfeccionamento. As de lingua francesa, que tiveron o seu inicio no ano 1992, serán os luns e mércores (de 20,00 a 21,30) e as de inglés, os martes e xoves, tamén de 20,00 a 21,30, e serán impartidas no edificio de cultura Casa Dopeso. Requírese un mínimo de seis alumnos por clase.
O inicio dos cursos está previsto para o vindeiro 1 de outubro. Para inscrición e máis información os interesados poden facelo ó correo-e irponlescar@hotmail.com ou chamar, antes do 30 de setembro, ó teléfono 662.393.596.
A Irmandade pontesa tamén está a traballar no próximo intercambio coa cidade de Lesneven, que será na cidade bretoa na primeira quincena de agosto de 2014. Sinalar que dende 1991 lévanse realizado trinta e un encontros de cidadáns europeos, máis os intercambios escolares, cunha participación que supera as 1.500 persoas.
Novas
- Folixa Summer Camp 2025
- Dixitic’s
- 3ª Regata Circuito Deputación da Coruña e Travesía de Foz.
- Resultados do Grupo Xuvenil no campionato de España de xóvenes promesas
- Resultados Grupo Xuvenil
- ADRIÁN GREGORIO E ANTÓN DOPICO, NA CLASE VAURIEN, ACADAN O 2º POSTO NA COPA XUNTA DE GALICIA 2025
- Folixa summer Camp
- Campeonato Gallego de pista xoves promesas.
- 2ª Regata Circuito Deputaciòn de Coruña
Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.
También podría gustarte
Comentarios