A xogadora do Lago Sport, Laura García Marcial, proclamouse este domingo en Salou Subcampiona de España no evento Cadete Sub16.
Nun brillante torneo, a Selección Galega gañou no Grupo B 5-1 a Cantabria, 4-0 á Comunidade Valenciana, e 4-3 nun trepidante partido a Andalucía.
En semifinais venceron 4-0 a Aragón, caendo na final 2-7 ante Cataluña nun encontro moito máis igualado do que sinala o marcador, arriscando nos últimos instantes con porteiro xogador.
Pola súa banda Daniela Feal Prieto, e Adair Legaspi Bellas, concluiron en novena posición no torneo Infantil Sub14.
Na fase de grupos quedaron en terceira posición, pois nun triple empate a seis puntos foron a selección perxudicada que non conseguiu pasar a cuartos de final, debido á derrota contundente 1-5 ante a Comunidade Valencia. Previamente gañaran 8-0 a Cantabria, e no último encontro 2-1 a Andalucía.
Na loita polos postos 9º ao 12º, gañaron 7-2 a Extremadura e nos penaltis a Illas Baleares, 3-3 (5-4). Na final Cataluña gañou 4-0 á Rexión de Murcia.
Moi boa actuación de Daniela na portería, Adair con cinco goles, e Laura cun gol e a medalla de prata.








Nova cortesía Diego Paz Romero. Fotos Futsal RFGF