Amigus
As Pontes

LIGA DE A CORUÑA DE FÚTBOL 7. CD AS PONTES 1 – CLUB XUVENTUDE DORNEDA 2.

Partido este domingo á tarde no Evaristo Puentes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Derrota do As Pontes Feminino ante o líder e hoxe xa campión matemático Xuventude Dorneda 1-2 no encontro disputado esta tarde soleada de domingo no Evaristo Puentes.

Adiantáronse as visitantes por medio de Clara, empatou Nerea, e Lorena estableceu o 1-2 definitivo.

Xogaron polas de Jose Seco; Laura, Indira, Noelia, Carol, Sara, Carlota, Nerea; Paula, Keninde.

As azuis son terceiras con 43 puntos, antes de visitar ao Abellá, cuarto, e recibir ao Carnoedo, duodécimo, para pechar a Liga.

Hai que ter moito cariño polas cativas para saír apurado dun O Parrulo 4 –Manzanares 3, para conseguir ter algo de tempo para poder sacarlles algunhas fotos. I é que para tratarse de fútbol sete e partidos de menos dunha hora, os seus horarios no calendario son moi sufridos.

Puidose ver polo público ao gran futbolista portugués Augusto Carvalho Tavares “Yes”, que fora xogador do Autos Lobelle de Santiago en Primeira División, i en Segunda do Burela e Gran Canaria.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios