Derrota por 0-13 do Infantil feminino ante o líder da categoría (empatado co Victoria) e un dos mellores equipos de Galicia nun partido para defenderse como gato panza arriba e aprender. Encontro arbitrado por Iago Expósito Fraga.
Sétimas con 7 puntos na vindeira xornada derbi contra o Racing de Ferrol de Adair e Carlota, cuartas con 15 puntos.
Xogaron polas de Iván e Alberto; Alicia Fontao, Sheila Magdalena, Andrea Martínez, Alejandra Criado, Sara Santalla, Martina García, Ángela Pena, Alejandra Teijeiro, Mari Jose Otero, Enma González, Lía Giz; Mariana Fernández, Sofía Varela, Afolarin Keninde e Noa Pérez Sendín.
Nova cortesía Xose Ferreiro
Nova cortesía Xose Ferreiro