Sexta vitoria da temporada, quen o ía dicir ó principio, das cativas do As Pontes ante o Boiro por un gol a cero. Na primeira metade anotouse o único gol do encontro, foi no minuto 19, tras un lanzamento de falta de Paty que a porteira se lle escapa das mans e aproveita moi atenta Carlota pra marcar a porta baleira. No segundo tempo, no 50´ puido incrementar a ventaxa o As Pontes, pero nin Yaiza, hoxe en punta, nin Carlota puideron definir ante a porteira visitante. Tamén puido empatar o Boiro, no 54´ tras un tiro ó longueiro. No 70´ a capitana Patri intentouno dende fóra da área pero o seu tiro saiu fóra por pouco. Nos últimos minutos as visitantes botaronse cara arriba en busca do empate, pero a zaga e a porteira locais estiveron impecables durante todo o encontro e permitiron que a vitoria e os tres puntos quedasen na casa.
As Pontes 1. Leti, Laura, Sara (Mar 72´), Jani, Silvia, Lara, Patri Dopico, Andrea, Yaiza (Arancha 83´), Carlota (Cati 88´), Lau.
Boiro 0. Ana, Mila, Cati, Victoria, Aniña, Ángela, Marina, Ana Outeiral, Ramona, Rebequiña (Isa 70´), Carol,
Goles: 1-0. Minuto 19. Carlota.
Árbitro: Fernando Uraña (Ferrol).












Nova cortesía Xóse Ferreiro