O Esteo As Pontes – U. Aginsu Fene (7-3)

O Esteo fíxose cos tres puntos no derbi comarcal contra o Aginsu Fene (7-3) en partido xogado no pavillón da Fraga, que rexistrou unha das mellores entradas da temporada, uns 300 espectadores.


O ESTEO FS: Ito, Jaime, Fran, Noé, Rubi –cinco inicial- Gerardo e Pellón.
AGINSU FENE: Coco, Pacuco, Louzán, Pilli, Gerveno –cinco inicial- Queco, Lardin e Josito.
ÁRBITROS: Trincado Fernández e Rodríguez Pereira (A Coruña). Expulsaron con roxa directa a Pacuco e tamén foron amoestados Coco, Louzán, Pilli e Gerveno, todos do Aginsu Fene.
GOLES: Min. 11 (1-0), Rubi. Min. 18 (1-1), Josito. Min. 20 (2-1), Noé. Min. 24 (3-1), Noé. Min. 27 (3-2), Josito. Min. 32 (4-2), Rubi. Min. 35 (5-2), Noé (dobre penalti). Min. 36 (6-2) Noé (dobre penalti). Min. 39 (7-2), Rubi. Min. 40 (7-3), Pilli.
Bonito partido o que disputaron Esteo e Aginsu Fene no municipal pontés, con dous equipos entregados completamente na procura da vitoria que se decantou a prol dos locais, xa que dominaron máis e nesta ocasión sí estiveron máis atinados de cara ó gol, sobresaíndo a derradeira fichaxe Noé, autor de catro goles, mentres que o goleador, Rubi, materializou os tres restantes. Os feneses mereceron algún gol máis, pois dispuxeron de boas ocasións para marcar e lanzaron dous balóns ós paus por outros tantos os locais. O encontro decidiuse a falta de cinco minutos para o remate ó acumular o Fene as cinco faltas de equipo e aproveitar ben as dúas seguintes Noé en senllos lanzamentos de dobre penalti. O bo porteiro fenés, Coco, rexeiteou outro de Jaime e Noé lanzou ó poste o cuarto. Con este resultado os ponteses afiánzanse na terceira posición mentres que os de Fene continúan na zona baixa da clasificación.
Nova cortesía de Antón F.

También podría gustarte
Comentarios