Empate a un gol entre os dous primeiros clasificados, Mobles Eume e Santaballés, nun partido moi disputado sobre un terreo de xogo impracticable con moito barro e nunha mañá de intensa chuvia. Nos outros tres partidos vitorias claras de As Pontes 74, que pouco a pouco vai collendo o ritmo da competición, e Farmavida sobre Xuntanza e La Galaxia, equipo que xa non é o mesmo das primeiras xornadas. O choque entre os colistas, saldouse con triunfo de MMYPEM Roupar sobre Maren por 3-1.
Despois da primeira xornada da segunda volta, é líder, con 18 puntos, Mobles Eume por mellor coeficiente particular que Santaballés, que suma os mesmos puntos. En terceira posición está Farmavida, con 17 puntos; seguido de A Cepa, con 16; La Galaxia, con 13; Xuntanza, con 11; As Pontes 74, con 10; MMYPEM Roupar, con 5, e pecha a clasificación con catro puntos Maren.
Marco Roca (As Pontes 74) e Lolo (A Cepa) son primeiros, con 7 goles, no trofeo Pichichi ó máximo goleador do campionato. En terceira posición está Pepe, de Mobles Eume, con 6 goles; seguido de Fernández (A Cepa), Oscarín (La Galaxia), con 5 goles cada un, e Sito (La Galaxia) con catro goles.
Tralo descanso de Nadal, a competición reempréndese a segunda fin de semana do vindeiro ano 2013.
As Pontes 74 – Xuntanza (3-0) Paz, Fran e Manel
M. Eume – Santaballés (1-1) Pepe / Pedro
Maren – MMYPEM (1-3) Juan (penalti) / Franco, Manolo e Cabanela
Farmavida La Galaxia (2-0) Raúl e Chente
Descansou: A Cepa

11ª XORNADA 12/13 – Xaneiro – 2013
MMYPEM M. Eume (Sáb. 12, 20,00)
Santaballés As Pontes 74 (Dom. 13, 10,00)
La Galaxia – Maren (Dom. 13, 11,00)
A Cepa – Farmavida (Dom. 13, 12,00)
Descansa: Xuntanza
A LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES DESEXA A TODOS UNHAS BOAS FESTAS DE NADAL E UN BO E DEPORTIVO ANO 2013
Nova cortesía de A.F.