Vitoria clara e contundente do gran favorito ó ascenso, o Narón, que xa no descanso vencía por 1-5. Os naroneses confirmaron os pronósticos, i é que na Liga Regular gañaron todos os seus encontros, agás o que perderon na primeira volta precisamente no Campo do Poboado (3-2). Os ponteses intentarono na segunda metade pero resultoulles imposible ante un gran equipo reforzado co ex xogador do xuvenil do As Pontes e da selección galega sub18 Alex Moya (foto). Marcos Bouza alineou no encontro a Alex, Chesi, Mourín, Borja Abeás, Fran, Carlos, Hugo, Chus Cañizares, Ali, Xavier Pellón e Iago. Tamén xogaron e Amady e Fermín, precisamente o autor do único tanto local. Este era o primeiro partido do play off de ascenso e o As Pontes sen dúbida tentará resarcirse nas próximas xornadas, pois son dous equipos os que ascenden e calquera dos oito ten calidade suficiente pra conseguilo, anque unha praza parece destinada ós naroneses.












Nova cortesía de Xóse Ferreiro