Memorial Carlos Fornos-José Ramón Corral de Piragüismo
O domingo día 15 celebrarase no encoro da Ribeira o XX Memorial Carlos Fornos-VI Memorial José Ramón Corral de Piragüismo.
Este ano desputarase en embarcacións individuais e dobres tanto kaiak como canoa e para todas as categorías dende benxamin ata veterano.
Esperase a participación de clubes de piragüismo de toda Galiza.
Os horarios das saídas serán aproximadamente os seguintes:
CATEGORIA | DISTANCIA | HORA SAIDA |
Alevín e Benxamín | 1.000m | 10:45 |
Infantil A e B | 2.000m | 11:00 |
Cadetes e Júnior e mulleres C1 (cadete, júnior e sénior) | 3.000m (dúas voltas) | 11:30 |
Veteranos | 4.500m (tres voltas) | 12:00 |
Sénior | 6.000m (catro voltas) | 12:45 |
Esta competición é organizada polo Grupo Xuvenil de Piragüismo As Pontes xunto co Concello das Pontes, coa colaboración da federación Galega de Piragüismo e o patrocinio de Endesa Generación.
