Nota de prensa BNG: O PP E O PSOE DAS PONTES, DEFENDEN A MARXINACIÓN DE GALIZA NA APLICACIÓN DO PLANO DO CARBÓN

A decisión da Xunta de anular o Plan Galego de Reactivación para As Pontes e Cerceda era algo que se vía vir dentro da actuación xeralizada de “brigada de demolicións” do actual goberno do PP; e tampouco sorprende a actitude de colaboración dos sindicatos estatais, CCOO e UGT, e moito menos a do goberno do PSOE no Concello de As Pontes, auténtico peón de obra mal pagado dos intereses partidistas, disfrazado de localismo, que xa teñen xustificado o roubo de máis de 150 millóns de euros, a maior parte para As Pontes, dos fondos estatais do anterior Plan do Carbón.
É a primeira vez na historia de As Pontes, referencia obrigada do movemento obreiro e social revindicativo, que o seu Alcalde se manifesta a favor, apoia e defende unha decisión contraria aos intereses dos seus veciños e veciñas, xa que o Plan posto en marcha pola anterior Consellaría de Innovación e Industria implicaba un investimento de máis de 75 millóns de euros nas dúas comarcas mineiras, no período 2007-2012; cal é o perxuízo para As Pontes?; cales son os motivos de tal actitude infantil e irresponsábel?


A verdadeira xustificación do Alcalde de As Pontes non é outra que o seu afán de protagonismo, como recoñece nas súas declaracións públicas; e non dúbida en utilizar o seu cargo para acadar os seus fíns. Porque o Plan de Reactivación en As Pontes non dispuxo da necesaria e obrigada colaboración por parte do Alcalde, se non todo o contrario.
En setembro de 2008 solicitábase a licenza de apertura da oficina que o Plan ía establecer en As Pontes, e en abril de 2009 tiña que desistir, ao non ser concedida a licenza por parte do Concello.
Pola contra, o Concello inauguraba, coa presenza do entón Presidente da Xunta e de todo o aparato socialista, unhas dependencias para o mesmo fin nun edificio, situado no Polígono de Penapurreira, que aínda hoxe nin sequera ten licenza de obra.
O Plan contemplaba a ampliación da superficie industrial no noso Concello en máis de 1,5 millóns de metros cadrados, cunha dotación de máis de 10 millóns de euros, actuación que estivo retrasada pola duplicidade de actuación ao intervir o Concello na mesma zona cun denominado Parque Tecnolóxico.
O Plan, en colaboración coa Opyde, traballou na captación de proxetos industriais, e tívose que ocupar, tamén, da súa permanencia, facilitando xestións ás empresas que estaban a ter problemas coas Administracións pola demora nas licenzas municipais, retrasos ocasionados, en algún caso, polo comportamento do Alcalde.
O obxectivo primordial do Plan era a recolocación do persoal das auxiliares, non só nos proxetos que asumían compromisos pola vía da Minería, se non tamén nos novos; a situación neste apartado evidencia, ás claras, o comportamento do Alcalde: a marzo de 2009 deberíase ter recolocado a todo o persoal das auxiliares, realidade distinta á actual; e non só iso, recolocacións feitas polo Plan foron sospeitosamente anuladas despois da visita do Alcalde a determinadas empresas.
En resumo, infantilismo, irresponsabilidade e protagonismo do Alcalde para colaborar, xunto cos sindicatos estatais CCOO e UGT, coa Xunta do PP a eliminar beneficios para As Pontes derivados dun acordo unánime do Parlamento galego; por iso, aínda resulta máis grotesca a decisión do actual Director Xeral de Industria, que na súa etapa de portavoz parlamentar de industria do PP no Parlamento Galego votaba e defendía unha cousa e hoxe, en plena colaboración do PSOE local, defende toda a contraria.
Por último, xa resulta un esperpento que tanto PP, PSOE, CCOO e UGT, coincidan unha vez mais, para penalizar as Comarcas Mineiras Galegas, como xa aconteceu na aplicación do Plano da Minería 1998-2005.
Asemblea Local de As Pontes, 9 de xaneiro de 2010

También podría gustarte
Comentarios