O CD AS PONTES FICHA Ó DIANTEIRO ADRIÁN IGLESIAS
Estivo na selección española sub16 a finais de 2011.
Estivo na selección española sub16 a finais de 2011.
O CD As Pontes fixo nestas últimas horas unha última fichaxe, neste caso o dianteiro Adrián Iglesias Moure, co que xa conta con 17 xogadores no primeiro plantel.
O dianteiro de Agolada de 21 anos, formouse nas categorías inferiores do Celta de Vigo, e estando no xuvenil vigués chegou a estar convocado coa selección española sub16, na que compartira convocatoria con Yelko Pino, Bicho, Julio Delgado e Santi Canedo.
Xa como xogador Senior estivo no Polvorín, e a tempada pasada xogou co Castro na Terceira División, participando en 27 partidos, e anotando tres goles ante Barbadás, Alondras e Vilalbés.
Trátase dun dianteiro forte e potente que no seu día fora máximo goleador da División de Honra Cadete.
Nova cortesía de Xose Ferreiro