FINALIZA O QUINTO CAMPUS DO ESTEO

Tivo lugar esta semana de luns a xoves, en xornadas dende as 10:00 ata as 18:00

Dende o pasado luns e ata este xoves tivo lugar o quinto Campus de Verán de Fútbol Sala de O Esteo de As Pontes.

Foron catro días con xornadas que ían dende as 10:00 ata as 18:00 que abarcaron diversas actividades, destinado a preto duns 50 cativos de entre 6 e 16 anos.

Contou coma monitores con Gonzalo Iglesias “Morenín”, David Riveira, Fidi, que retornou ó CD As Pontes para esta tempada, e o gran porteiro Iago Barro, ex de Burela, El Pozo Murcia, compañeiro de Noé no Fundao, e que estará no Santiago Futsal nesta 2017-18.

Ó longo dos catro días acudiron tamén o dianteiro do Parrulo Jacobo, que contribuiu con 20 goles ó ascenso a Primeira do equipo ferrolán, Juan Puertas, ex de Lobelle, Jaén ou Levante, e na derradeira xornada, Juanma Marrube, que adestrará o Burela na Segunda División, e o seu porteiro, o narónés Edu.

Ao remate do acto fixeronse diversos sorteos de agasallos entre os rapaces, e entregouse un diploma a cada participante, a cargo do Presidente e Vicepresidente do Esteo, Fran Fernández e Juan Rodríguez, o delegado Rosendo García e o Concelleiro de Deportes Chicho Tembrás.

Nova Cortesía de A.F. e Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios