O Santaballés alzouse co título de liga 2012/13 logo do seu triunfo por un claro 4-0 diante de Xuntanza na derradeira xornada de liga disputada a pasada fin de semana no campo do Poboado. A Mobles Eume, que tamén optaba ó título, de nada lle valeu a súa vitoria por 4-2 ante La Galaxia. O conxunto de A Cepa, que foi a máis ó longo do campionato, cumpriu no seu compromiso diante de Maren, ó que gañou por 1-2, e ó final acadou un meritorio terceiro posto relegando á cuarta praza a Farmavida, equipo que descansou nesta xornada. No outro encontro disputado na noite do sábado, As Pontes 74 goleou por 3-0 a MMYPEM.
Lozano, de Mobles Eume, e Sito, de La Galaxia, con dous goles cada un lograron alcanzar a Fernández, de A Cepa, que tamén marcou nesta derradeira xornada da liga. Ó final, o trofeo Pichichi ó máximo goleador é compartido por Fernández, Lozano e Sito, con once goles cada un. Despois quedaron Manel (Mobles Eume), con 9, e Oscarín (La Galaxia) e Pepe (Mobles Eume), con 7 goles.
Peruzzi, de Mobles Eume, foi o porteiro menos batido ó longo do campionato.
As Pontes 74 – MMYPEM (3-0) Rober e Julio (2)
Santaballés – Xuntanza (4-0) Basoa, Jo e Lozano (2)
Mobles Eume La Galaxia (4-2) Carlos, Emilio e Manel (2) / Sito (2)
Maren A Cepa (1-2) Manel / Fernández e Pichel
Descansou: Farmavida

CLASIFICACIÓN (PUNTOS-GF-GC))
1º – SANTABALLÉS – 34 (34-19)
2º – MOBLES EUME – 33 (36-17)
3º – A CEPA – 32 (32-23)
4º – FARMAVIDA – 31 (32-18)
5º – LA GALAXIA – 25 (27-22)
6º – AS PONTES 74 – 18 (29-24)
7º – XUNTANZA – 14 (16-35)
8º – MMYPEM – 8 (15-38)
9º – MAREN – 8 (15-40)
GOLEADORES
FERNÁNDEZ (A Cepa) – 11
SITO (La Galaxia) – 11
LOZANO (Santaballés) – 11
MANEL (Mobles Eume) – 9
PEPE (Mobles Eume) – 7
OSCARÍN (La Galaxia) – 7
CAMPIONATO DE COPA
A pasada semana reuniuse o comité de organización para decidir o calendario da copa, que comezará o vindeiro sábado, 24 de marzo. Os nove quipos foron ancadrados en dous grupos de 5 e 4 conxuntos:
Grupo A: Mobles Eume, A Cepa, Farmavida, As Pontes 74 e MMYPEM.
Grupo B: Maren, Xuntanza, Santaballés e La Galaxia.
A competición será por sistema de liga a unha soa volta, clasificándose os catro primeiros de cada grupo para os cuartos de final, quedando eliminado o derradeiro clasificado do grupo A. As semifinais e final celebraranse o sábado, 11 de maio.
1ª XORNADA DE COPA
24 – Marzo – 2013
Mobles Eume A Cepa (Dom. 24, 11,00)
Farmavida As Pontes 74 (Dom. 24, 12,00)
Descansan: MMYPEM e Grupo B
Nova cortesía de A.F.