O PIRAGUISTA PONTÉS BORJA PRIETO VALERA FICHA POLO REAL GRUPO DE CULTURA COVADONGA

O piragüista pontés Borja Prieto Valera fichou hai unhas semanas polo Real Grupo de Cultura Covadonga de Asturias, despois de estar tres anos no Clube Deportivo Elemental Piragua de Madrid.
E precisamente estreouse co seu novo clube esta fin de semana nos Campionatos de España de Inverno disputados en Sevilla nas distancias de 2000 e 5000 metros.
Na xornada do sábado disputouse a proba de 2000 metros, con 145 competidores, na que venceu a gran promesa española Paco Cubelos con 7:46:76, segundo quedou o tricampión mundial junior Diego Cosgaya con 7:48:26 e terceiro precisamente o compañeiro de Borja, Javier Hernanz, 7:48:84. Borja foi 15º con 8:02:55.
Os 70 primeiros clasificaronse para a xornada do domingo na que tocaban os 5000 metros e nesta ocasión venceu Milín Llamedo, ex compañeiro de Borja no K4 da selección, con 20:02:45, segundo Javier Hernaz 20:02:94, e terceiro Paco Cubelos, 20:03:85. Borja foi 50º con 21:58:91.
image.jpg


Por clubes gañou o Kayak Tudense, seguido do Naútico de Sevilla, Piraguismo Aranjuez e cuarto o Covadonga.
Tamén particpou nestas probas o sempiterno de moitos kilates Antonio Polo Campello, do Piraguismo Viveiro, que foi 53º en 2000 metros, cun tempo de 8:17:59, mentres que no 5000 foi 49º con 21:58:12, un posto por diante de Borja
Ós seus 30 anos este 2013 será un ano de transición para Borja e para moitos dos seus compañeiros de oficio e da selección española, aparte de que co do 2012 acabou o ciclo olímpico, entre os recortes, e que os piragüistas internacionais españois teñen que traballar e apenas dispoñen de tempo para poder adestrar, nestes tempos nos que hai cartos para os políticos, pero non para os deportistas, pois moitos atletas dos mal chamados deportes minoritarios irán facendo o que boamente podan.
Como a ilusión nunca falta aspira a estar convocado para os Europeos de Portugal a mediados de Xullo e para os Mundiais de Brasil a finais de Agosto. Mundial que se celebrará en Río de Janeiro, na que será a antesala dos Xogos Olímpicos que se disputarán alí tres anos máis tarde.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios