Xornada redonda a de esta mañá para os máis pequenos do CD As Pontes. Comezaron gañando os benxamíns A ó Racing de Ferrol B por 9 goles a 0, tantos de Josiño Pico (4), Andrés (2), Antón (2) e Jorge Saavedra. Os benxamíns están situados na zona alta da táboa clasificatoria con 8 vitorias e tan só 2 derrotas a domicilio ante Cedeira e Portuarios. Para rematar a mañá, os prebenxamíns A tamén venceron con claridade ó Galicia de Mugardos por 6 a 0, goles de Chema (2), Mateo (2), Jorge e Alejandro. Nesta xornada descansaron os Alevíns B.

Nova cortesía de Xóse Ferreiro