Amigus
As Pontes

Recital de Poesía do Grupo Alalá

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Este sábado 10 de decembro ás 19.30 horas en Dopeso, teremos un recital de poesía do Grupo Alalá no que presentarán o seu libro CINCO SENTIDOS.
No recital participará como poeta invitado Xosé Vázquez Pintor, e poranlle música as Cantareiras de Alende e Xosé Manoel Campello.


Os interesados, poderán merca-lo libro no propio recital por 6 euros.


BRASIL

Brasil, verde bandeira de bandeira verde!
Brasil da selva amazônica, do fogo que a come, da fome, da sede.
Brasil do índio que se pinta e do que não pinta nada.
Brasil do fazendeiro, do jagunço, do mineiro, da Serra Pelada.
Brasil do menino de rua, do trombadinha, do camelô.
Brasil da favela, do morro, que morre, que vive, que samba,
que sabe de samba, de praia e de calor.
Brasil do Pantanal, do Grande Rio, do Rio Grande, do Rio.
Brasil carnavalesco, carioca, paulista, baiano.
Brasil da Bossa Nova, de Vinicius, de Jobim, de Caetano.
Brasil nordestino, da seca, da caatinga, da poeira do sertão.
Brasil do cangaço e do cangaceiro, Virgulino, o Lampião.
Brasil do presidente, do coronel, do doutor, do indigente.
Brasil do maloqueiro, do esperto, do ingênuo, do delinqüente.
Brasil da terra rica do pobre e do pobre do rico senhor.
Brasil do sol, do mar, da mulata, do amor.
Brasil do coco, da manga, do abacaxi, da goiaba,
do cajú, do maracujá, da paixão da boca, do jejum da alma.
Brasil do Rivaldo, do Roberto , do Ronaldo, do Pelé,
de bola na rede, de gente da bola, de bola no pé.
Brasil sem fronteiras, do rosto do mundo, do mundo sem rosto, sem nada.
Brasil da beleza, da vida, da noite, da boemia, da madrugada.
Brasil, história que começa e nunca se acaba.
Viva o Brasil!
Outubro, 2003
Glória David
PRIMAVERA DO 92

Esta primavera que vén, Alberte,
e que pasa coma o voo silandeiro
da bolboreta, vestirá de luces novas
as árbores que se espiron no outono.
O arrecendo da terra será outro,
aínda que veñan días de invernada.
A escasa luz de agora irá medrando
coma o brillo medra nos teus ollos
cando te rís para min.
Non sei se aniñará en ti a tenrura
como aniñou o canto dos paxaros
no colo desta primavera adiantada.
Pero quero ver os teus primeiros pasos
cando finques os pés nos días mornos
do verán.
Escoita, na noite, como enceta a danza
da vida; o baile que estala ó mencer
na sinfonía das túas gargalladas.
E non pares nunca, coa túa ledicia,
como teiman as macineiras
coa branca flor.
Aníbal Ánxel, 1992
BARRUZA

Barruza en tempo de sono e durmir.
Barruza amodiño, calmo, vai mollando o chan,
tramando a terra do verán fuxidío,
tempo de recordo, de restrebas ennegrecendo
nas rozas e revoltas, nos sucos das leiras.
Tempo do nabal verdecendo
e de fragas que cambian a cor,
e corredoiras cubertas de folla,
de castañas, de noces, landras, abelás.
Tempo de zoqueiros labrando chinelas
e calugas na cabana do forno
de fumeiras que dan fe
de bo lume na lareira.
Tempo de fiestras pechadas,
esfollas e papas de millo.
Denantes e agora sempre houbo,
tempo de repouso,
tempo de outono.
Ofelia López, 15/11/2004
O ESQUECEMENTO

A néboa mesta do esquecemento
vén coma unha mancha graxenta
borrando inexorable as raíces da memoria.
Asolagando nas súas augas escuras
o pasado , que é referente,
e traga en mouros remuíños
as follas secas que caen da alma.
Esquecemento, confusión,
dúbidas sen confesar,
pertinaz nubarrón
¿Será que é preciso esquecer?
Para tornar á inconsciencia
da que fai nada saímos
inocentes…
E completar ciclos infinitos
nos que o tempo xira sobre si mesmo
en espirais concéntricas….
Gema, maio 2005
Ó collela, a lúa,
escachóuseme nas mans;
espalláronse os anacos
polo ceo, pola terra
e polo mar.
Santiago Del Moral
As Pontes
Marzo 2001

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios