Amigus
As Pontes

RESULTADOS ATLETISMO OLYMPO XVII CAMPIONATOS XUNTA DE GALICIA DE MILLA E UN KILÓMETRO.

Competición este domingo en Redondela

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Magníficos resultados dos máis pequenos do Atletismo Olympo nos Campionatos galegos celebrados en Redondela onte domingo.

En Benxamín Sub10, Antón Vázquez Blanco logrou a medalla de ouro tras impoñerse cun tempo de 3:33, por diante do seu compañeiro de equipo, Adrián Alarcón Pose, que fixo o mesmo tempo, e Luca Ramos (Moraña), 3:42.

En Alevín Sub12 Mireia Díaz López foi segunda con 3:27, por detrás de Julia Martínez (Baixo Miño), 3:26, e por diante de Claudia Fernández (Riazor), 3:27. Ainara Rivas foi novena, 3:42.

Grandes postos tamén no Campionato Alevín Sub12 no que Dylan Alarcón foi cuarto, Bieito Losada quinto, Xose Vázquez sétimo, e Xoan Losada duodécimo.

Nova cortesía Esteban Díaz

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios