Amigus
As Pontes

Resultados do Grupo Xuvenil na Regata Provincial de Ames

O domingo 21 de agosto celebrouse na praia fluvial de Tapia, Ames, a III Regata da Liga da Deputación da Coruña de Piragüismo, nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete e a canteira do Grupo Xuvenil volveu a demostrar un bo estado de forma.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Os resultados dos padexeiros ponteses foron os seguintes:

Muller Benxamín k1: Carmén Alén 9ª e Antía Pico 11ª

Muller Alevín-B k1: Ada Fernández 1ª e Inés Domínguez 4ª

Muller Alevín-A k1: Celia Durán 3ª

Home Alevín-B k1: Daniel Alén 11º

Home Alevín-A k1: Antṕn García 8º

Muller Infantil-A k1: Carmela Domínguez 11ª

Home Infantil-A k1: Aarón García 11º

Home cadete k1: Manuel Fernández 6º e Manuel Alén 13º

A vindeira fin de semana volven os pequenos á Liga da Deputación da Coruña o sábado en Miño e o domingo na Coruña, mentres os máis maiores do club participarán no Campionato Galego de Pista Veterán en Verducido.

Nova cortesía do Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios