Amigus
As Pontes

Resultados do fin de semana do Club Grupo xuvenil As Pontes de piragüismo

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Este fin de semana o clube local de piragüismo achegouse ata Pontevedra por partida doble, a disputar o Campionato Galego de Maratón o sábado e o domingo a disputar a segunda xornada da liga galega de kaiak-polo.
maraton.jpg


Na xornada do sábado o clube participou con catro embarcacións na dura diswciplina do maratón,o k2 cadete de Walisson da Silva e Alexandre Fernández tivo que abandoar debido aproblemas físicos ó igual que o C2 senior de David Veija e Hernán Fernández.
Xa no k2 senior Carlos Pedreira e Antonio Polo lograrón o campionato,se candra cun merito engadido xa que é este o 3º consecutivo, e no caso do palista pontes o 5º nas últimas seis edicións.
Facer mención especial o k1 senior de Rafael Frijol, que acadou o posto 29º, a pesar de ter un xeonllo lesionado e ter que realizar 6 porteos o longo do percorrido, sendo aclamado polo resto dos seus compañeiros de clube a súa chegada a meta.
Xa na xornada do domingo o equipo de kaiak-polo acadou un 3º posto agridulce,xa que tras gañar tódolos seus partidos na ligiña, caeron na semifinal por un polémico gol de ouro, que según se interprete o regulamento pode ser ou non concedido, quedando apeados da final.Refacendose para ganar o partido polo 3º e 4º posto por un contundente 6 a 1.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios