Amigus
As Pontes

SAN SILVESTRE AS PONTES 2024

Disputouse na tarde deste martes nas inmediacións do Colexio Santa María

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Este martes á tarde nas inmediacións do Colexio Santa María disputouse a tradicional San Silvestre pontesa cun tempo soleado pero de moito frío.

Unha hora antes disputouse outra cercana, a Trintaeundoce naronesa, con protagonismo local coa vitoria da triatleta naronesa criada en As Pontes, Sara Guerrero Manso, Subcampiona de Europa de Relevos Mixtos en Turquía, ouro nas Copas de Europa de Vigo e Polonia, ouro en Acuatlón nos Mediterráneos de Grecia, e doble Campiona de España de Triatlón e unha de Duatlon.

Tamén estaba outro pontés ao mando da loxística da carreira, o mítico porteiro e argalleiro de múltiples inventos, o gran Simon Cabarcos.

A carreira pontesa en si tivo máis unha finalidade lúdico festiva que de clasificacións xerais, aínda que na proba masculina se impuxo Manuel Campello ao gran Esteban Díaz, segundo, namentres que nas mulleres a vencedora foi Uxía Pico. Houbo tres premios para os disfraces e ao remate do evento chocolatada para todos os participantes.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios