Amigus
As Pontes

SEGUNDA B. O ESTEO FS 9 – CAJA RURAL ATLÉTICO BENAVENTE FS 7

Partido este sábado á tarde no Pavillón Municipal

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Gran triunfo do Esteo ante o Benavente por 9-7 no encontro disputado este sábado á tarde no Pavillón Municipal, nun partido trepidante que tivo ata sete empates, do 1-1 ao 7-7, e que os locais puxeron do seu lado nos derradeiros instantes.

Duelo de históricos de Primeira como Charlie e Adri, cun hat trick de ambos e tamén de Jandro.

Co triunfo 3-8 ante o Laviana e o 9-7 de hoxe, os locais son segundos na clasificación, con 13 puntos, lonxe do pleno de 18 do intratable Leis, antes de visitar ao Noia B, cuarto con 12.

O ESTEO FS. Regueira, Jandro, Matos, Adri, Cokito – Isma, Sergio, Troncho, Gael, Rubén.

ATLÉTICO BENAVENTE FS. Daniel, Víctor, Aitor, Sergio, Jonás – David, Jose, Christian, Charlie, Ángel, Unai.

GOLES. 0-1, Charlie (7´), 1-1, Matos (13´), 2-1, Adri (14´), 2-2, Jonás (18´). 3-2, Adri (22´), 3-3, Jonás (23´), 4-3, Gael (27´), 4-4, Charlie (30´), 5-4, Jandro, de penalti (31´), 5-5, Charlie (33´), 5-6, Christian (36´), 6-6, Isma (36´), 7-6, Jandro (38´), 7-7, Aitor (38´), 8-7, Jandro (39´), 9-7, Adri (40´).

Incidencias. Uns 150 espectadores no Pavillón Municipal. Amarelas a Jandro, Troncho, Adri, Rubén, Aitor, Unai, Charlie.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios