O CB As Pontes pechou a primeira volta con unha sufrida e traballada vitoria ante o Cambre B por 57-51.
Rematan esta primeira volta con bo sabor de boca tras gañar os dous últimos partidos.
Á derrota inicial 66-49 ante Los Rosales, seguiulle unha vitoria 55-33 ante Xerión.
Pero logo sufriron catro derrotas seguidas, Vilalba (75-69), Liceo La Paz (48-71), ADFRO Latabarra (58-43), e Narón (74-67).
Co triunfo a semana pasada ante o Laracha (52-67), e o de hoxe encaran a segunda volta con 11 puntos, na quinta posición.
Nova cortesía Xose Ferreiro
Nova cortesía Xose Ferreiro