Gran derbi o vivido este sábado á noite no Pavillón Municipal. Os visitantes adiantábanse 0-1, pero os locais lograban chegar ao descanso con 3-1.
Trala reanudación os naroneses lograban darlle a volta ao marcador 3-4 con hat trick de Brais, pero os de Manuel Sánchez Hermida acabaron conseguindo a vitoria cun tanto no último minuto.
Os héroes do partido foron Asier Martínez, cun póker de catro goles, e o xogador de pista Manuel Carreira, que nun día con moitas baixas tivo que facer de porteiro con moi boa actuación.
Segundos con 19 puntos, próxima visita ao Agolada, sexto con 16. Xogaron polos locais Manuel, Antonio, Daniel, Sergio (1), Adrián; Frank, Asier (4) e Xalo.
Nova cortesía Xose Ferreiro
Nova cortesía Xose Ferreiro