Triunfo de moito mérito o do equipo feminino de Alex e Silvia no derbi de onte ante o cadro de Fene por 3-1, pois coma ven sendo habitual dende o inicio da Liga, contan con poucos efectivos, e de feito para este encontro apenas había un recambio.
Os goles chegaron no segundo período, e pese a que Carol e Paula puxeron terra de por medio co 2-0, daba emoción ao partido Iria, que recurtaba distancias, pero preto do final Andrea Cruz anotaba o 3-1 definitivo.
Sextas con 11 puntos, próxima visita ao líder Curtis, que ten 18. Xogaron Laura, Naia, Lucía, Salma, Noelia Castro, Noelia Ameneiro, Carol, Ainize (Uxía 72´), Nerea, Andrea, Paula.
Nova cortesía Xose Ferreiro
Nova cortesía Xose Ferreiro