Terceira entrega do Señor dos Aneis
Lendo elmundo.es:
“Ó redor de 100.000 neocelandeses aclamaron ós principais protagonistas de ‘O retorno do rei’, que se desplazaron ata Wellington para asistir á estrea mundial da terceira e derradeira entrega do ‘Señor dos Aneis’.
A comitiva, encabezada por Liv Tyler, Viggo Mortensen, Elijah Wood, Sir Ian Mckellen e Peter Jackson, éste último o director do filme, desfilou por un recorrido duns cinco kilómetros que paralizou a actividade da capital neocelandesa.”…
…”A ‘febre do anel’ apoderouse de tal forma dos habitantes de Wellington que moitos interrumpiron as súas actividades laborais ou pasaron a noite en vela para ovacionar a un elenco que dedicou os últimos anos a levar ás pantallas a obra do escritor J.R.R. Tolkien.
‘Foron catro anos da miña vida e estar agora en Wellington para a derradeira estrea é sinxelamente extraordinario’, dixo Wood, quen estaba acompañado dunha lexión de ‘hobbits’, ‘elfos’ e o resto de criaturas surxidas da fértil imaxinación de Tolkien.
En termos similares se expresou Jackson, quen sinalou que ‘aínda que para min é o final dun traballo de sete anos, en realidade agora non quero pensar en que é algo rematado’.”…
Fonte: elmundo.es
Máis información en thelordoftherings.net