Tratamento do Chamoselo
“Hoxe as 11 da maña, estaban cunha cisterna botando cal morta (Ca(OH)2) no Chamoselo, a altura do Lavadeiro na Ponte Romana. A cal morta prodúcese o mesturar , auga coa cal viva ou oxido de cal (CaO2). O Calcio (Ca2+) serve para contrarrestar a acidez, facer a auga mais básica. Empregaron unha cisterna con tractor na cal diluian o hidróxido cálcico, nunha das fotos podedes ver un saco, e o botaban o río. Un pouquiño máis abaixo había uns técnicos cun conductivímetro, (aparello que serve para medir a concentración de sales totales disoltas na auga, cantos mais compostos mais condutividade), con isto realizas o control de non pasarte excesivamente na cantidade. A cor blanquecina que se ven nas fotos, e xustamente o hidróxido cálcico na auga do río.”
Nova enviada por Aromia Moschata