Amigus
As Pontes

Tres nenos feridos ó desplomarse o falso teito dun colexio de Cedeira

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Lendo diariodeferrol.com:
“A caída de parte do falso teito dun aula de Educación Infantil do colexio Nicolás del Río de Cedeira provocou feridas de diversa consideración a tres alumnos de cinco anos do centro. Miguel G. T. resultou cunha fractura de tibia e peroné, sendo intervido quirúrxicamente no hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, e outras dúas nenas sufriron traumatismos de escasa consideración, polo que, despois de ser examinadas e permanecer unhas horas en observación no mesmo centro hospitalario, regresaron ós seus domicilios.”…


…”O accidente prodúxose en torno ás 9:45 horas, cando, por fortuna, algúns dos nenos estaban mirando pola fiestra o vaciado dos contedores de lixo, mentras que outras se atopaban na alfombra na que realizan exercicios corporais, que está situada nunha esquina do aula.
Os cascotes de escaiola, algúns de grandes dimensións, desplomáronse sobre os pupitres, polo que o suceso puido ter desembocado nunha auténtica traxedia.
Desaloxo do centro
O profesorado desaloxou de inmediato as instalacións e deuse aviso ós pais para que foran a recoller ós pequenos. Tamén se advirtiu do suceso de inmediato á Consellería de Educación e ó Concello de Cedeira.
Segundo os datos facilitados polo xefe de estudios do Nicolás del Río, no momento en que se produciu o desplome do falso teito no aula afectada había 15 nenos, todos eles de ceinco anos.
Os feridos foron trasladados ó complexo hospitalario ferrolán, no que recibiron asistencia médica. Pola tarde só permanecía ingresado Miguel G. T., que, trala intervención quirúrxica, xa se atopaba nunha habitación.
Ó parecer, a súa evolución é favorable, segundo indicou o secretario xeral de Educación, Néstor Valcarcel, que visitou ó pequeno e ás súa familia, acompañado pola delegada provincial, Elena Méndez, e a inspectora de zona, Milagros Couto.
Nunha roda de prensa que se celebrou no centro hospitalario, e tras informar sobre o estado dos feridos, o responsable da Xunta manifestou que non había razón algunha que fixera prever que podería ocurrir algo semellante. O falso teito instalouse fai 12 ou 15 anos e, segundo dixo, nunca se observaron humidades nin filtracións.
Néstor Valcarcel indicou, así mesmo, que, dende o retiro no que están os membros do goberno autonómico, o conselleiro ordeou ‘a inmediata apertura dunha investigación, que xa está en marcha e vai a ser eshautiva’. Neste senso, encomendouse á unidade técnica da delegación provincial -o arquitecto xefe xa estivo onte no centro escolar- que se faigan tódalas catas precisas e que, ante a mínima sospeita e incluso se non se localiza a raíz do desplome, se proceda á demolición de tódolos falsos teitos.”…
Fonte: diariodeferrol.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios