ESPECTACULAR fin de semana vivido nas Pontes co V TORNEO DE FUTSAL BASE LAGO SPORT.
Tres días moi intensos onde se manifestou na pista o compromiso, compañeirismo e a ilusión que caracterizan ao Fútbol Sala de base.
Desde LAGO SPORT queremos agradecer a colaboración do Concello das Pontes, da Deputación da Coruña, Xunta de Galicia, así como a participación de patrocinadores e establecementos que colaboraron para que este evento puidese celebrarse.
MOITAS GRAZAS ao noso gran grupo de traballo polo seu esforzo e dedicación, sen eles nada disto sería posible.
Temos que agradecer tanto aos clubs, aficcionados e deportistas a súa participación e comportamento durante todo o torneo. Un exemplo de convivencia e camaradería na pista e as bancadas. GRAZAS !!
Para finalizar dar parabéns a todas as deportistas polo rendemento e deportividade demostrados durante o torneo.
Grazas a todos e vémonos o ano que vén !!!
Compartimos os resultados dos partidos e a galería de imaxes.
CADETE
4°Clasificado: Narón Futsal
3°Clasificado: Concello de Begonte
2°Clasificado: GDES WIND Lago Sport
1°Clasificado: O Parrulo
INFANTIL
4°Clasificado: Piringalla
3°Clasificado: A.D.C.R. Santa Mariña
2°Clasificado: Ribeira F.S.
1°Clasificado: Ensino Lago Sport
ALEVÍN
4°Clasificado: O Parrulo
3°Clasificado: Ribeira F.S.
2°Clasificado: Lugo Sala
1°Clasificado: Enxeñeria PSI Lago Sport
BENXAMÍN
3°Clasificado: Novalux e Taberna de Pancho Lago Sport “A” e “B”
2°Clasificado: O Parrulo
1°Clasificado: Piringalla
PREBENXAMÍN
4°Clasificado: Lugo Sala
3°Clasificado: A.D.C.R. Santa Mariña
2°Clasificado: Santa Compaña Lago Sport
1°Clasificado: O Parrulo
Novva cortesía Diego Paz Romero “Vinicius”