Ven pedalear por unha boa causa recauda 160 quilos de alimentos non perecedeiros para axudar a Cáritas Parroquial
Case 160 quilos de alimentos. Ese é o balanzo de tres xornadas de unir exercizo físico e solidariedade de ducias de ponteses e pontesas que, dende o martes e ata onte, se animaron a participar na xornada Ven pedalear pola soliedariedade e colaborar, deste xeito, cos que máis o necesitan. Todo un éxito que se traduce en axuda para a organización non gubernamental Cáritas Parroquial que, con estes alimentos non perecedeiros poderán botar unha man ás familias que, nestes últimos tempos, non están a pasar os seus mellores momentos e que precisan de toda a axuda posible para saír adiante. Así quilo a quilo de arroz, pasta ou legumes e coa suor de moitos minutos sobre unha bicicleta estática practicando spinning, ponteses e pontesas aportaron o seu gran de area para aqueles que necesitan unha man.
De feito, nestes días, e co bo clima e os xardíns do Campo da Feira como escenario, moitos e moitas foron os que se animaron a pedalear baixo a dirección dos monitores Victor Picos e Blas Lamas do Ximnasio K2, e a colaborar co seu quilo de comida. Así, durante o desenvolvemento destas xornadas de deporte solidario, puidemos ver aos edís de Deportes e Cultura, Carlos Castro e Sara Ramos; aos integrantes da Comisión das Festas Patronais e ata unha das organizadoras do evento, a técnica deportiva Ana Alonso; aos que se uniron tamén moitos veciños e veciñas, de todas as idades. O Concello de As Pontes, xunto co clube de atletismo Olympo e os establecementos F&K, La Fundación, Matojoma, Galiorient, Óptica Carmela, Nexo Veterinarios e o propio Ximnasio K-2 colaboraron coa posta en marcha desta exitosa carreira solidaria e que tan só tiñan unha meta: o lograr o maior número de quilos de alimentos que permitan mellorar, na medida do posible, a vida dos que o están a pasar mal.
Fotografías cortesía de Tonete López
Fonte RTVEume