O COLECTIVO SANITARIO DE AS PONTES PROTAGONISTA DO PREGÓN DAS FESTAS DO CARME E A FRAGA 2013

As festas patronais de As Pontes na honra á Virxe do Carme, iniciouse oficialmente na tarde do venres co pregón protagonizado por cinco persoas relacionadas co colectivo sanitario, sector ó que se quixo homenaxear este ano, o mesmo que no 2010 foi o mundo do fútbol con motivo do 50º aniversario do Club Deportivo As Pontes e no 2011 o colectivo do ensino.
Trala presentación dos pregoeiros por parte do alcalde da vila, Valentín González Formoso, comezou o pregón no que cada progtagonista fixo unha breve semblanza da súa vida profesional na localidade. O acto tivo lugar diante da Casa do Concello, nunha tarde de sol e calor, ó que asistiron varios centos de ponteses e forasteiros.
O primeiro en intervir foi Guillermo Baamonde Ledo, óptico e fillo do lembrado D. Luis Baamonde, persoa moi querida en toda a bisbarra pontesa e quen foi citado polos pregoeiros en varias ocasións. Tamén se recordou ós médicos D. Pedro Sanjurjo, D. Cesáreo González, médico da vila e da empresa Calvo Sotelo, alcalde da vila e varios anos presidente do lendario Club Deportivo Puentes.
pregon


GUILLERMO BAAMONDE  agradeceu a oportunidade de estar no pregón das festas e amosouse moi orgulloso de que a xente aínda lembra con moito agarimo ó seu pai: “Éncheme de orgullo que hoxe, despois de tantos anos, vos acordades del con cariño e nos contades tantas anécdotas de cando ía ás vosas casas, e, despois de consultar, falaba sen presa, quentaba os pes na lareira e fumaba dous ou tres cigarrillos, e se cadra catro ou cinco, porque xa sabedes que sempre estaba pegado a un pitillo….Por todas as anécdotas que seguides a contarnos, e polo cariño con o facedes, non teño máis que agradecer, no meu nome e no da miña familia esta lembranza que hoxe lle facedes a Don Luis, como moitos de vós lle seguides a chamar…”
De seguido tomou a palabra a súa irmá PILAR BAAMONDE, cariñosamente coñecida por Pilinchi, quen agradeceu a que este ano se renda unha homenaxe ó colectivo médico e sanitario de As Pontes. Referíndose ó seu pai: “Se me permiten, como non pode ser doutro xeito, vouvos falar do meu pai, que para nós foi un grande exemplo a seguir tanto no profesional como no humano e non digamos como pai; soamente pretendemos seguir con seu magnífico bo facer”. Pilinchi non quixo esquecerse de “Mª Luz Roca, coñecida por todos por Mariluz a Comadrona, que tantos partos atendeu co meu pai, sempre cun sorriso e con grande simpatía. Tamén o seu home Vicente, que sempre tiña o seu vehículo disposto para transformarse en improvisada ambulancia”.
Despois pasou a contar varias anécdotas do seu pai, lembrando con moito agarimo unha que aconteceu en Saa: “Cando o chamaron para atender a unha avoa, chegamos á súa casa e ela estaba sentada na cociña vendo un partido de fútbol na televisión. O meu pai sentou ó seu carón e viron o partido xuntos e cando rematou coa súa tranquilidade díxolle ¿e logo que pasou ?”. Aí apareceu o médico. A emoción chegou cando se referiu ó ámbito familiar. Con voz entrecortada e algunha bágoa rematou a súa intervención nesta breve loanza ó seu pai.
JOSÉ M. FANDIÑO SENDE foi o seguinte orador, e como os anteriores comezou dicindo que para el era unha honra ser un dos pregoeiros das festas deste ano. Despois de relatar brevemente os seus case trinta anos de médico nas Pontes vindo de Santiago, cidade onde naceu, estaba contento de cómo lle foi a vida, agás a morte da súa dona hai uns catro anos.
Despois expresou os mellores desexos para As Pontes “Quiero creer que el futuro de la villa será próspero y fructífero, que continúe Endesa, que el lago sea un lugar turístico agradable y que siga siendo gobernada con inteligencia y raciocinio”
A continuación amosouse moi crítico coa crise que padece España: “Que el país salga pronto de la crisis y así nos puedan arreglar el Centro de Salud que necesita una buena capa de pintura y más cosas. Tenemos una Sanidad de las mejores del mundo aunque con la crisis económica y política se está deteriorando, pero quiero ser optimista y que en pocos años resolvamos la crisis, desaparezcan los corruptos y tengamos unos políticos serios y honestos. A lo peor esos políticos aún están haciendo el bachillerato. Si es así, que Dios nos coja confesados”. Fandiño rematou dando un viva ás festas do Carme.
O cuarto pregoeiro en intervir foi JOSÉ RAMÓN GARCÍA, coñecido por todos como Moncho. Comezou agradecendo o poder estar no pregón. Aínda que no naceu en As Pontes, considérase un pontés máis “os de As Pontes como os de Bilbao, podemos nacer en calquera sitio”. Leva nas Pontes 34 anos, onde casou, e pensa que cando pase a outra vida el seguirá aquí.
Falando de cando chegou a esta vila dixo: “A As Pontes que conocí cuando llegué era muy diferente a la actual, una villa muy dinámica pero también muy anárquica, con muchos bares, pero sin carreteras, servicios sociales, ocios, cultura, deporte, etc. El típico pueblo factoría, explotanción intensiva, dinero circulante y servicios paternalistas de esa empresa (pocos). En la comarca, en aquellos años, decíamos: un coloso económico y un enano sociopolítico”.
Moncho congratulouse de que a poboación era moi cosmopolita, aberta, integradora e socialmente moi avanzada, froito da inmigración. Noutro momento cita: “Din que os pobos os fan as xentes e eu integreime coas xentes deste pobo, coa familia, amigos e a vontade de sentirme de aquí, fenómeno paradóxico para algún nestes tempos de globalización, pero hai xentes que cremos nas raíces e en pertencer a unha terra e a unha cultura, sigo crendo neso”.
Rematou a súa intervención: “Disfrutade das festas do Carme Virxe moi mariñeira, sempre me sorprendeu que fose patroa dunha vila do interior, pero xa o solucionamos co lago, que é unha verdadeira ría e suxerir ó alcalde que a partir de agora sexa, non só capital do Alto Eume senon tamén da Alta Mariña, e ás autoridades eclesiásticas que no recorrido da Virxe entre a capela e a igrexa se inclúa un recorrido polo lago, como toda Virxe do Carme se precie”.
PURIFICACIÓN SECO, Pura para todos, é unha murense afincada nas Pontes dende hai moitos anos cando veu no ano 1972 para traballar como enfermeira no Hospitalillo da Calvo Sotelo, sendo os seus compañeiros Faraldo e Fontenla “permitídeme que teña un recordo para a súa familia nestes días”.
Pura fixo unha lembranza dos compañeiros que tivo: “Pero o practicante por excelencia sen dúbida era Francisco do Caneiro. Todos o recordamos na súa bicicleta pedaleando polo pobo e alrededores poñendo inyeccións a diestro e siniestro, seu irmán Cayetano e Villar no botiquín da mina, que aínda que non eran titulados facían o seu labor. Máis tarde, xa en Endesa, icorporouse Aneiros e o xefe de todos nós Don Cesáreo González Dopeso. Naquela época, aínda que eu non tiven relación directa con eles, tamén exercían como médicos Don Pedro, Don Arximiro e Don Luis, recordado hoxe polos seus fillos, e Mariluz a comadrona. Estou por asegurar que o 90% dos ponteses nacidos en eses anos axudouvos ela a vir a este mundo”.
Pura marchou uns anos voltando de novo a As Pontes. Recordou unha campaña de vacinación na clase de párvulos dun colexio: “Collín ó máis pequniño e díxenlles: este é o máis valente de todos, xa vexo é un home feito e dereito –porque se empezaba a chorar un faciades o coro tódolos demais enseguida- entón el nerviosiño, pola responsabilidade que lle caera de súpeto, empezou a subir a manga e mirando para min coa ternura propia dos tres anos díxome: eu non ei chorar pero cando acabe eime ir á miña casiña. Nin que dicir ten que na casa de cada un case tódolos males se curan”.
Un tanto emocionada, Pura volveu a lembrar a compañeiros e compañeiras de traballo: “Tamén lembrades a que foi pediatra de moitos dos que estades aquí, Marina Flores, a algunha mamá aínda se lle enchen os ollos de lágrimas cando falamos dela. As miñas compañeiras Elena Redondo e Chus Alonso, dalgún xeito todos eles tiñan que estar presentes hoxe aquí por contribuir á mellora da sanidade deste pobo, tanto pública coma privada ó longo da súa vida profesional. Para todos, a nosa lembranza e agarimo”.
Finalizou dicindo que As Pontes é un pobo acolledor en tódolos sitios onde estivo, na Calvo Sotelo, logo Endesa e agora no Centro de Saúde. “Sentinme sempre como na miña propia casa e mesmo me pareceu que era da vosa familia, polo que sempre vos estarei agradecida. E como estamos en festas, disfrutalas, con xeito eso si, pasalo ben e moitas gracias”.
Este sinxelo, emotivo e curto pregón, a pesar de ser cinco oradores, finalizou coa entrega de agasallos ós pregoeiros por parte de membros da comisión de festas para rematar coa actuación dos mariachis “Los Colores de México”, seguido dun aperitivo na praza do Carme.

As Pontes, Festas do Carme e A Fraga 2013 (AF)

pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
pregon
Nova cortesía A.F.

También podría gustarte
Comentarios