Amigus
As Pontes

XORNADAS DE EXALTACION DO QUEIXO E DO MEL DO 7 AO 11 DE OCTUBRE EN GOENTE

O coronavirus non permitiu celebrar a tradicional Feira do Queixo e do Mel de Goente, pero a afección á apicultura non perdeu o seu lugar esta fin de semana nas Pontes cuns días de exaltación que incluíu un exitoso concurso de degustación no que o mel de Lugo foi coroado cos maiores premios.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Manuel González, dos Ancares, gañou na categoría de meles escuros, na que José Manuel Fernández, do Corgo, foi finalista e José Luis Esteban, de Lugo, recibiu unha mención en monoforais; Iago Varela, de San Sadurniño, e César Castro, de Ambosores. Na categoría de meles lixeiros gañou o primeiro premio Amador Carballeira, de Guitiriz, e Jesús Fernández, de Valdoviño, finalista.

Houbo mencións en monoforais para José Manuel González, de Xermade; María del Mar Trastoy, de Vilalba; José Manuel Fernández, do Corgo, e Antonio Anidos, das Somozas.

Tamen se celebraron charlas na carpa situada diante da Igrexa de Goente , o dia 9 de Octubre as 10:30 asistieron 15 persoas a unha charla de acción informativa da importância do castiñeiro como espécie mieliferae o dia 10 a partiré tamen das 10:30 da maña celebrouse unha charla a cargo do apicultor Vasco Koldo Belasko e profesional con vinte anos de experiência esta charla trataba das crias de raiñas para manter un fondo xenetico nas explotacions apícolas,mini núcleos, paquetes de abellad e a partir das 15:30 control da vespa velutina un sistema sinxelo e moi eficaz.

E xa pra rematar o domingo dia 11 celebrouse as 11:00 unha aula de Productos Lácteos e Tecnoloxia Alimentaria por USC.E as 12:30 celebrouse unha cata de queixos con un aforo de 50 persoas maximo e as medidas de seguridade, en esta cata ponderoso catar os queixos que no ano 2019 gañaron a medalla de ouro no Word Cheese Awards .

Dous dos seus queixos, a tetina e o curado “Mirador do Eume”, acadaron a medalla de ouro e un terceiro, “A Zoca”, que se afuma e ten ata 45 días de maduración.

O fronte desta empresa, que emprega a máis de dez persoas, están Ana Isabel Prieto, neta do fundador, e o seu marido, Raimundo Meizoso, que se encarga de abrir novos mercados e clientes, onde os seus produtos reciben recoñecemento dos padais máis exquisitos.

Nova cortesía de Raimundo Carballo

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios